Galería de fotos das obras da sucursal de Filipinas (febreiro de 2014 a maio de 2015)
As Testemuñas de Xehová están construíndo novos edificios e renovando algunhas das instalacións na súa sede de Filipinas, na cidade de Quezón. Debido a que as publicacións para Filipinas agora se imprimen na sucursal do Xapón, utilizaranse as instalacións da antiga imprenta para albergar os departamentos de Deseño e Construción (LDC), Informática, Mantemento, Envíos, e Tradución. Nesta galería de fotos poderás ver algúns dos traballos que se levan feito entre febreiro de 2014 e maio de 2015, tanto na antiga imprenta coma noutros edificios. Está previsto que o proxecto quede rematado en outubro de 2016.
28 de febreiro de 2014. Edificio 7
Traballadores temporais embolsando a fibra de vidro para protexela da humidade. Levan equipos de protección persoal para evitar a irritación da pel.
2 de abril de 2014. Edificio 7
Uns traballadores rematan o teito do estudio de gravación de linguaxe de signos filipina. Nos ocos do teito van instalados os difusores da climatización, grazas ós cales o aire acondicionado distribúese dun xeito uniforme dentro do estudio.
21 de outubro de 2014. Cidade de Quezón
Preparando o sistema de refrixeración da auga que abastecerá a tódolos edificios da sucursal.
19 de decembro de 2014. Pasarela peonil (conecta os edificios 1, 5 e 7)
Estase a construír unha pasarela cuberta que conectará os edificios principais, incluíndo o edificio 1, o cal alberga o comedor. Será especialmente práctica para os máis de trescentos voluntarios que traballarán no edificio 7.
15 de xaneiro de 2015. Edificio 5
Unha grúa de cincuenta toneladas levantando as placas que irán instaladas no tellado. Contratáronse varias grúas de distintos tamaños para a obra.
15 de xaneiro de 2015. Edificio 5A (anexo)
O anexo ten dúas plantas e mide 125 m2. Conta con dous aseos, escaleiras e ascensor; isto deixa máis espazo libre no edificio 5, que está ó lado. Ademais, ó instalar o ascensor nesta área, evítase que o ruído do mesmo interfira nas gravacións en audio e vídeo que se realizan no edificio 5.
15 de xaneiro de 2015. Edificio 5A (anexo)
Protexidos do sol, os traballadores instalan varas de aceiro. Durante o día, en xaneiro acádanse uns 29 oC, e en abril, a temperatura é duns 34 oC.
5 de marzo de 2015. Edificio 5
Unha cuadrilla de traballadores reforza o tellado con vigas de madeira. Para a construción do edificio 5 precisáronse uns oitocentos listóns de madeira maciza.
17 de marzo de 2015. Edificio 5
Mesturando o formigón a man. Entre os que colaboran neste proxecto, hai uns cen irmáns de Australia, Canadá, Corea do Sur, España, Estados Unidos, Francia, Nova Zelandia e Xapón, entre outros.
25 de marzo de 2015. Edificio 5
Instalación do tellado metálico do edificio 5, que anteriormente albergaba o Departamento de Tradución, e destinarase a Audiovisuais e a Servizo.
13 de maio de 2015. Edificio 5
Coa axuda dunha serra circular, unha operaria corta as pezas metálicas coas que se montarán as paredes das oficinas.