Podo atopar consolo na Biblia?
O que di a Biblia
Si (Romanos 15:4). Analiza algúns versículos da Biblia que lles axudaron a algunhas persoas que estaban loitando con emocións negativas e situacións difíciles.
Neste artigo veremos o seguinte:
Os problemas
Salmo 23:4: “Se tiver de pasar por vagoadas sombrizas, ningún mal temería, pois ti vas comigo”.
Significado: Se oras a Deus e confías na súa Palabra, a Biblia, podes facerlle fronte ós problemas con valentía.
Filipenses 4:13: “Teño forzas para todo gracias a quen me fai forte”.
Significado: Deus pode darche as forzas que necesites para aguantar calquera dificultade.
A morte dun ser querido
Eclesiastés 9:10, TNM: “Non hai actividade nin plans nin coñecemento nin sabedoría na Tumba”.
Significado: Os que morreron non sofren, nin poden facernos dano pois están inconscientes.
Feitos 24:15: “Haberá resurrección”.
Significado: Deus pode devolverlles a vida ós nosos seres queridos que morreron.
O exceso de culpa
Salmo 86:5, TNM: “É que ti, oh, Xehová, a es bo e estás disposto a perdoar; o teu amor leal por tódolos que te chaman é inmenso”.
Significado: Deus perdoa os que están realmente arrepentidos dos seus erros do pasado e esfórzanse por non repetilos.
Salmo 103:12: “Canto dista o nacente do poñente, así arreda de nós as nosas culpas”.
Significado: Cando Deus nos perdoa, pon os nosos erros moito máis lonxe do que nos poidamos imaxinar. Tampouco nolos recorda constantemente para culparnos ou castigarnos.
A tristeza
Salmo 31:8 [31:7, TNM]: “Ti ólla-la miña aflicción, e coñéce-las miñas angustias”.
Significado: Deus sabe moi ben polo que estás pasando. Entende os teus sentimentos máis profundos, incluso cando outros non o fan.
Salmo 34:18, TNM: “Xehová está cerca dos que teñen o corazón feito pedazos; salva os que están afundidos no desánimo”.
Significado: Deus promete estar ó teu lado cando te sintas triste. Coa súa axuda poderás soportar a dor que sentes.
As enfermidades
Salmo 41:4 [41:3, TNM]: “O Señor socorrerao no leito da dor”.
Significado: Deus pode axudarche cando esteas pasando por unha enfermidade grave. Isto faino ó darche paz interior, forzas, aguante e sabedoría para tomar boas decisións.
Isaías 33:24, TNM: “E ningún habitante dirá: ‘Estou enfermo’”.
Significado: Deus promete que chegará o día no que todos desfrutaremos de boa saúde.
O estrés e a ansiedade
Salmo 94:19: “Cando medran as coitas no meu peito, o teu consolo alégrame o espírito”.
Significado: Se acudimos a Deus cando temos ansiedade, el pode calmarnos.
1 Pedro 5:7: “Botade sobre Deus tódalas vosas ansias, que El coida de vós”.
Significado: Deus non é indiferente ós nosos sufrimentos. El anímanos a que lle contemos os nosos problemas mediante a oración.
As guerras
Salmo 46:9, TNM: “El acaba coas guerras por toda a terra”.
Significado: Pronto, o Reino de Deus eliminará tódalas guerras.
Salmo 37:11, 29: “Os humildes, en cambio, herdan a terra e gozan de paz perfecta. [ . . .] Os xustos herdarán a terra e habitarán nela para sempre”.
Significado: A xente boa desfrutará de paz na Terra para sempre.
A preocupación polo futuro
Xeremías 29:11: “Soamente eu coñezo os proxectos que eu planeo para vós —é o Señor quen fala—, proxectos de fartura e non de desgracia, de darvos un porvir e unha esperanza”.
Significado: Deus asegúralle ó seu pobo que pode esperar un futuro marabilloso.
Apocalipse 21:4: “Enxugará tódalas bágoas dos seus ollos, e a morte xa non existirá máis. Nin haberá máis loito nin pranto nin dor, porque as primeiras cousas pasaron xa”.
Significado: Deus promete eliminar tódalas cousas malas que vemos hoxe en día.
a Segundo a Biblia, Xehová é o nome de Deus. Este nome tamén pode traducirse como Iavé (Isaías 42:8). Mira o artigo “Quen é Xehová?”.