Ir ó contido

BluePlanetArchive/Whale Watch Azores

DESEÑOUNO ALGUÉN?

A inmersión da balea bicuda de Cuvier

A inmersión da balea bicuda de Cuvier

 A balea bicuda de Cuvier pode mergullarse ata os 2992 metros de profundidade, onde a presión é duns 30.300 quilopascais. Esta balea pode permanecer baixo a auga durante períodos de tempo moi longos. Rexistrouse que unha destas baleas estivo baixo a auga 3 horas e 42 minutos antes de volver á superficie a coller aire. Como poden sobrevivir baixo esa presión e con tan pouco osíxeno durante tanto tempo?

 Igual ca outros mamíferos mariños, o volume da súa caixa torácica diminúe e os pulmóns contráense. Algúns investigadores descubriron que os mamíferos mariños usan menos osíxeno cando baixan moito as pulsacións do seu corazón e desvían o seu fluxo sanguíneo desde as extremidades ó cerebro, ó corazón e ós músculos.

 Ademais, estes mamíferos almacenan osíxeno nos seus músculos grazas á proteína chamada mioglobina. Esta proteína libera o osíxeno necesario durante unha inmersión moi profunda. Os músculos destes animais teñen moita máis concentración de mioglobina que os dos humanos e animais terrestres.

 Houbo un investigador que concluíu o seguinte sobre esta balea: “A súa capacidade de mergullarse a tanta profundidade é impresionante. Baseándonos no que coñecemos sobre o funcionamento do corpo dos animais, estas baleas fan inmersións moito máis profundas e durante moito máis tempo do que podiamos imaxinar”. Os científicos esperan entender mellor como se mergullan estes animais para mellorar o tratamento do colapso pulmonar.

 Que dirías? É a capacidade da balea bicuda de Cuvier para facer inmersións largas e profundas resultado da evolución? Ou deseñouna alguén?