ESTADE SEMPRE VIXIANTES!
Os devastadores terremotos de Turquía e Siria. O que di a Biblia
O luns 6 de febreiro de 2023, uns terremotos devastadores sacudiron Turquía e Siria.
“Este luns, máis de 3700 persoas dunha zona moi grande de Turquía e do noroeste de Siria morreron por culpa dun terremoto moi forte. O xélido clima invernal súmase á difícil situación dos miles de feridos e persoas sen fogar, e dificulta os esforzos por encontrar superviventes” (Reuters, 6 de febreiro de 2023).
Cando lemos acerca de traxedias coma esta, pártesenos o corazón. En momentos así, Xehová pode axudarnos porque é o “Deus de toda consolación” (2 Corintios 1:3). Por medio da súa Palabra, a Biblia, el dános o consolo que necesitamos para que teñamos esperanza (Romanos 15:4).
Na Biblia, podemos encontrar a resposta a preguntas como:
Que se predixo sobre os terremotos?
Onde podemos encontrar consolo e esperanza?
Como acabará Deus con todo o sufrimento?
Para saber o que di a Biblia sobre estes temas, le os seguintes artigos:
a Xehová, ou Iavé, é o nome persoal de Deus (Isaías 42:8).