Existirá algún sistema económico xusto?
En moitos países as persoas protestan porque senten que as condicións económicas son inxustas. Esta situación empeorou coa pandemia da COVID-19, que provocou que as persoas estiveran máis infelices por culpa do confinamento, da escaseza de alimento e do acceso limitado á atención médica, que fixo máis clara a diferenza entre ricos e pobres.
Acabarán algún día os problemas económicos que fan sufrir as persoas? Si, a Biblia di que Deus poñerá fin a estes problemas.
Problemas económicos que Deus solucionará
Problema: Os seres humanos non foron capaces de conseguir un sistema económico que solucionara os problemas de tódalas persoas.
Solución: Deus substituirá os gobernos humanos por un único goberno, chamado o Reino de Deus. Este reinará dende o ceo sobre toda a Terra (Daniel 2:44; Mateo 6:10).
Resultado: Este goberno, o Reino de Deus, solucionará tódolos problemas da Terra. Xa non haberá máis pobreza e ninguén terá medo de non ter o suficiente para vivir (Salmo 9:8-10, 19 [9:7-9, 18, TNM]). Pola contra, as persoas desfrutarán do seu traballo e vivirán felices xunto coa súa familia. A Biblia promete: “Construirán casas e habitaranas e plantarán viñas e comerán os seus froitos. Non construirán para que outro habite, nin plantarán para que outro coma” (Isaías 65:21, 22).
Problema: As persoas non poden evitar algunhas situacións que lles fan sufrir e lles impiden ter o necesario.
Solución: O Reino de Deus eliminará todo o que nos cause medo e inseguridade.
Resultado: Baixo o seu goberno, Deus non permitirá que as familias perdan o que necesitan para vivir. Por exemplo, xa non existirán máis as guerras, a fame e as pandemias (Salmo 46:10 [46:9, TNM]; 72:16; Isaías 33:24). Deus di: “Entón o meu pobo vivirá nun campo de paz, en casas seguras e en mansións tranquilas” (Isaías 32:18).
Problema: As persoas egoístas e cobizosas adoitan aproveitarse doutras.
Solución: Baixo o Reino de Deus, aprenderemos a amar máis a outras persoas que a nós mesmos (Mateo 22:37-39).
Resultado: Cando Deus goberne todos demostraremos o seu amor, ese tipo de amor “non busca a súa comenencia” (1 Corintios 13:4, 5). A Biblia di: “Ningún será malvado nin fará o mal en todo o meu monte santo: o país estará cheo de coñecemento do Señor, o mesmo que as augas enchen o mar” (Isaías 11:9).
A Biblia explica que vivimos nos últimos días deste sistema e que Deus pronto cumprirá a súa promesa de poñer fin a tódolos problemas económicos. a (Salmo 12:6 [12:5, TNM]). Mentres tanto, os principios da Biblia axudaranche a facerlle fronte ós problemas económicos. Podes consultar os artigos “Cómo vivir con menos” e “Una opinión realista del dinero”.
a Para saber por que podes confiar na Biblia podes ver o artigo “La Biblia tiene la verdad”.