Ir ó contido

Ir ó índice

mustafahacalaki/DigitalVision Vectors via Getty Images

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

A intelixencia artificial: beneficiosa ou prexudicial? O que di a Biblia

A intelixencia artificial: beneficiosa ou prexudicial? O que di a Biblia

 Líderes mundiais, científicos e expertos en tecnoloxía falaron hai pouco do potencial que ten a intelixencia artificial (AI, polas súas siglas en inglés). Aínda que recoñeceron a súa utilidade, tamén manifestaron a súa preocupación polo mal uso que algunhas persoas poderían facer dela.

  •   “A intelixencia artificial é unha das tecnoloxías máis poderosas que existen na actualidade. Ten o potencial de mellorar a vida das persoas [...]. Ó mesmo tempo, a intelixencia artificial pode ser unha ameaza moi grande para a seguridade, os dereitos civís e a privacidade, e pode erosionar a confianza das persoas na democracia” (Kamala Harris, vicepresidenta dos Estados Unidos, 4 de maio de 2023).

  •   Un grupo internacional de doutores e expertos en saúde dirixido polo doutor Frederik Federspiel escribiron nun artigo publicado o 9 de maio de 2023 en BMJ Global Health: “Aínda que a intelixencia artificial ofrece solucións prometedoras no campo da medicina, tamén pode esconder algúns perigos para a nosa saúde física e emocional”. a

  •   “As persoas xa poden usar a intelixencia artificial para difundir información falsa. Pronto podería poñer en perigo moitos postos de traballo. E, segundo algúns expertos en tecnoloxía, co tempo tamén podería poñer en perigo a propia existencia da humanidade” (The New York Times, 1 de maio de 2023).

 O tempo dirá ata que punto se usa a intelixencia artificial para cousas boas ou malas. Que di a Biblia?

Por que producen sensación de inseguridade os avances humanos?

 A Biblia explica por que os humanos non poden asegurar que os seus avances tecnolóxicos se usen só para cousas boas.

  1.  1. Incluso cando as persoas teñen boas intencións, non poden prever os efectos negativos que van causar as súas accións.

    •   “Ás veces coida un que é recto o seu camiño, e, ó remate, vai dar na morte” (Proverbios 14:12).

  2.  2. Ninguén pode ter control sobre a forma na que outros usarán o seu traballo.

    •   “E aborrecín toda a ganancia pola que traballei baixo o sol, pois heina de deixar a un descendente meu, e ¿quen sabe se será un Sabio ou un badoco? ¡Un tal será o herdeiro do que con tanto esforzo conseguín con grande habilidade baixo o sol!” (Eclesiastés 2:18, 19).

 Esa inseguridade é unha proba de que necesitamos a guía do noso Creador.

En quen podemos confiar

 O noso Creador prométenos que nunca vai permitir que os humanos ou a tecnoloxía que eles creen destrúa a terra ou a humanidade.

  •   “A terra sempre queda” (Eclesiastés 1:4).

  •   “Os xustos herdarán a terra e habitarán nela para sempre” (Salmo 37:29).

 Mediante a Biblia, o noso Creador dános a guía que necesitamos para poder desfrutar dun futuro en paz e seguridade. Para saber o que di a Biblia sobre este tema, le os seguintes artigos: “¿Existe alguna guía confiable que le asegure su futuro?” e “La esperanza real de un mañana mejor.”

a Cita extraída do artigo “Threats by Artificial Intelligence to Human Health and Human Existence”, dos autores Frederik Federspiel, Ruth Mitchell, Asha Asokan, Carlos Umana, e David McCoy.