Ir ó contido

Ir ó índice

Marek M. Berezowski/Anadolu Agency via Getty Images

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

A guerra de Ucraína cumpre un ano. Que esperanza dá a Biblia?

A guerra de Ucraína cumpre un ano. Que esperanza dá a Biblia?

 O venres 24 de febreiro de 2023 fará un ano dende que comezou algo terrible: a guerra en Ucraína. Segundo algúns informes, uns 300.000 soldados ucraínos e rusos morreron ou resultaron feridos, e crese que uns 30.000 civís tamén morreron por culpa da guerra, pero pode ser que o número total aínda sexa maior.

 Tristemente, non parece que esta guerra vaia acabar pronto.

  •   “Case un ano despois de que as forzas rusas entrasen en Ucraína, non hai indicios reais de que a guerra vaia acabar pronto. Non parece que ningún dos dous bandos vaia ganar claramente a guerra, e tamén parece moi pouco probable que as dúas partes sexan capaces de encontrar unha solución coa que estean de acordo” (NPR [National Public Radio], 19 de febreiro de 2023).

 É normal que moitas persoas estean tristes pola dor e polo sufrimento que esta e outras guerras están causando a moitas persoas inocentes por todo o mundo. Que esperanza nos dá a Biblia? Chegará o día no que non haxa guerras?

Unha guerra que acabará con tódalas guerras

 A Biblia fala dunha guerra que salvará a humanidade, non que a destruirá. O nome desa guerra é Harmaguedón, e dise dela que é “a guerra do día grande do Deus que todo o sostén” (Apocalipse 16:14, 16). Por medio desta guerra, Deus eliminará tódolos gobernos humanos, que tantas guerras destrutivas levan causado. Para saber como o Harmaguedón traerá paz duradeira, le os seguintes artigos: