ESTADE SEMPRE VIXIANTES!
Pode a Copa Mundial unir realmente as persoas? O que di a Biblia
Espérase que cinco mil millóns de persoas vexan a Copa Mundial da FIFA que se celebrará desde o 20 de novembro ata o 18 de decembro de 2022. Moitos pensan que estes eventos deportivos poden conseguir moito máis que unir a xente simplemente como espectadores.
“O deporte ten o poder de cambiar o mundo. Ten o poder de inspirar. Ten o poder de unir as persoas dunha maneira como poucas cousas o fan” (Nelson Mandela, antigo presidente de Suráfrica).
“O fútbol [...] únenos na esperanza, únenos na alegría, únenos na paixón, únenos no amor e tamén na diversidade” (Gianni Infantino, presidente da FIFA). a
Pode a Copa Mundial ou calquera outro evento deportivo conseguir estes obxectivos tan nobres? Poderemos algún día ter paz e unidade?
Une as persoas?
Este ano, a Copa Mundial é algo máis que simplemente fútbol. Este evento deportivo provocou un debate político e social sobre os dereitos humanos, o racismo e a desigualdade económica.
Aínda así, moitos cren que estas competicións deportivas internacionais conseguen que a xente se entreteña e desfrute. Pero, por moito que a xente queira, estes eventos non logran unha unidade verdadeira. En vez diso, normalmente mostran as actitudes e accións que dividen as persoas e que, segundo a Biblia, serían propias do período de tempo chamado últimos días ou “días derradeiros” (2 Timoteo 3:1-5).
Unha esperanza real de unidade mundial
A Biblia dános unha esperanza real de conseguir unidade mundial. Promete que as persoas de toda a terra vivirán en unidade baixo un goberno celestial, “o Reino de Deus” (Lucas 4:43; Mateo 6:10).
O Rei dese Reino, Xesucristo, asegurarase de que haxa paz por todo o mundo. A Biblia di:
“O xusto florecerá, e haberá paz en abundancia” (Salmo 72:7, TNM).
“El librará ó pobre que suplica [...] rescataraos da inxuria [ou violencia] e da opresión” (Salmo 72:12, 14).
Xa hoxe en día, as ensinanzas de Xesús uniron a millóns de persoas de 239 países porque aprenderon a deixar a un lado o odio. Para saber máis sobre isto, le a serie de artigos da revista “Rompamos el ciclo del odio”.
a Fédération Internationale de Football Association, institución que dirixe internacionalmente as asociacións deportivas de fútbol.