Ir ó contido

Ir ó índice

TEMA DE PORTADA | MENTIRAS QUE NOS APARTAN DE DEUS

A mentira que deixou a Deus sen nome

A mentira que deixou a Deus sen nome

O QUE MOITOS DIN

“Non demos chegado a ningún acordo sobre se Deus ten nome. E, se o ten, tampouco saberiamos cal é” (Theological Studies, Profesor David Cunningham).

O QUE DI A BIBLIA

Deus di: “¡Eu, Iavé, este é o meu Nome!” (Isaías 42:8). Iavé é un nome hebreo que significa “El fai que chegue a ser”. Ese nome tamén pode traducirse como Xehová (ver a Traducción del Nuevo Mundo de las Santas Escrituras, apéndice 1A, parágrafo 1).

Xehová quere que usemos o seu nome. A Biblia di: “Invocade o seu nome. Dade a coñecer entre os pobos os seus feitos, facédelle a lembranza de que é grande o seu Nome” (Isaías 12:4; cursiva nosa).

Xesús usou o nome de Deus e ensinóullelo ós seus discípulos. Nunha oración dixo: “Eu manifestéille-lo teu nome e llelo seguirei manifestando”. Por que o fixo? Xesús mesmo explica: “Para que o amor co que me amaches estea neles, e tamén eu estea neles” (Xoán 17:26).

POR QUE É IMPORTANTE

O teólogo Walter Lowrie escribiu: “O home que non coñece a Deus por nome non o coñece realmente como persoa [...] e non pode amalo se só o coñece como unha forza impersoal”.

Agochar ou substituír o nome de Deus é coma cortalo da Biblia

Un home chamado Victor ía á igrexa tódalas semanas, pero sentía que en realidade non coñecía a Deus. Conta: “Cando aprendín que o nome de Deus é Xehová, foi coma se nos presentasen. Sentín que por fin coñecera a Persoa da que tanto escoitara falar. Empecei a velo como unha persoa real, e converteuse no meu amigo”.

Pola súa banda, Xehová achégase ós que “estiman o seu Nome” e promételles: “Porque lles perdoarei o mesmo que un home perdoa o fillo obediente” (Malaquías 3:16, 17). Deus tamén recompensa os que usan o seu nome. A Biblia di: “Todo o que invoque o nome do Señor será salvo” (Romanos 10:13).