Podes vivir para sempre na Terra
QUE ESPERANZA TAN MARABILLOSA! O noso Creador prometeunos que viviremos para sempre aquí mesmo, na Terra. Non obstante, a moitas persoas se lles fai difícil de crer, pensan que antes ou despois todos temos que morrer e que a morte forma parte da vida. Outros cren que é posible vivir para sempre, pero non na Terra, senón no ceo. Cal é a túa opinión?
Antes de responder, analicemos a resposta que dá a Biblia a estas tres preguntas: tendo en conta como fomos creados, canto tempo deberiamos vivir? Cal era o propósito orixinal de Deus para a Terra e a humanidade? Por que morremos?
O SER HUMANO É ÚNICO
De entre tódalas formas de vida que creou Deus na Terra, por que somos os humanos realmente únicos? A Biblia di que só os seres humanos fomos creados á “imaxe” e “semellanza” de Deus (Xénese 1:26, 27). Que significa isto? Que Deus nos creou con calidades e características parecidas ás súas, como a capacidade de amar e o sentido da xustiza.
Ademais, Deus fíxonos coa capacidade de razoar e de distinguir entre o ben e o mal, e tamén co desexo de coñecelo e ser os seus amigos. Grazas a isto podemos apreciar a grandeza do universo e as marabillas da natureza, así como a arte, a música e a poesía. Pero o que fai que os humanos sexamos realmente únicos é a capacidade que temos de adorar o noso Creador. Todas estas características mostran a enorme diferenza que hai entre os humanos e o resto dos seres vivos.
Pensa no seguinte: se Deus quería que os seres humanos só vivísemos uns cantos anos, por que nos creou con todas estas capacidades impresionantes e co gran potencial de desenvolvelas e melloralas? Porque Deus quere que sexamos felices e que vivamos para sempre na Terra.
O PROPÓSITO ORIXINAL DE DEUS
Algúns opinan que Deus nunca quixo que vivísemos para sempre na Terra. Afirman que estamos neste planeta de forma temporal, que só é un lugar onde poñernos a proba para saber quen vai vivir para sempre con Deus no ceo. Pero se iso fose Deuteronomio 32:4).
certo, non sería Deus o responsable de toda a maldade que hai na terra? Isto iría en contra da propia esencia de Deus. A Biblia di del: “Tódolos seus vieiros son xustiza. É o Deus da fidelidade e non hai nel inxustiza xusto e recto é El” (A Biblia mostra claramente con que propósito creou Deus a Terra: “O ceo perténcelle ó Señor, e a terra déullela ós homes” (Salmo 115:16). Si, Deus creou o noso fermoso planeta para que fose o fogar permanente da humanidade, con todo o necesario para que desfrutásemos dunha vida eterna e chea de sentido (Xénese 2:8, 9).
“O ceo perténcelle ó Señor, e a terra déullela ós homes.” (Salmo 115:16)
A Biblia tamén di claramente cal é o propósito de Deus para a humanidade. El encargoulle á primeira parella humana: “Enchede a terra e sometédea. Mandade nos peixes do mar, nos paxaros do ceo e nos reptís todos da terra” (Xénese 1:28). Que privilexio tan grande recibiron de coidar da Terra e convertela nun paraíso! O propósito de Deus era que Adam, Eva e os seus fillos vivisen para sempre na Terra e non no ceo.
POR QUE MORREMOS?
Entón, por que morremos? A Biblia explica que un dos seres espirituais que Deus creou, ó que despois se lle chamou Satanás o Demo, rebelouse e intentou desbaratar o propósito orixinal de Deus. Como o fixo?
Satanás convenceu os nosos primeiros pais, Adam e Eva, para que se unisen a el na súa rebelión contra Deus. Cando Satanás lles dixo que Deus os estaba privando de algo bo (do dereito de decidir por si mesmos o que está ben e o que está mal), eles puxéronse do seu lado e rebeláronse contra Deus. Cal foi o resultado? Co tempo morreron tal e como Deus lles advertira e perderon a oportunidade de vivir para sempre nun paraíso na Terra (Xénese 2:17; 3:1-6; 5:5).
A humanidade segue sufrindo as consecuencias desta rebelión de Adam e Eva. A Palabra de Deus di: “O pecado entrou no mundo por un home só [Adam], pero como polo pecado entrou a morte, a morte pasou a tódolos homes” (Romanos 5:12). Así que, os seres humanos morremos porque herdamos o pecado e a morte dos nosos primeiros pais e non porque o noso futuro estea predeterminado por un “misterioso plan” de Deus.
PODES VIVIR PARA SEMPRE NA TERRA
A rebelión de Edén non cambiou o propósito orixinal de Deus para a humanidade e a Terra. O grande amor de Deus e a súa xustiza impulsárono a facer o necesario para liberarnos do pecado e da morte. O apóstolo Paulo explicou: “O xornal do pecado é a morte, pero o regalo de Deus é a vida eterna en Cristo Xesús noso Señor” (Romanos 6:23). Por amor Deus “deu o seu Fillo Unixénito [Xesucristo], para que todo o que cre nel non se perda, senón que teña vida eterna” (Xoán 3:16). Ó sacrificarse voluntariamente, Xesús pagou o rescate necesario para que a humanidade recuperase todo o que perdera Adam. a
Pronto, a promesa de Deus de converter a Terra nun paraíso farase realidade. Poderás desfrutar deste marabilloso futuro se segues este consello de Xesús: “Entrade pola porta estreita. Porque ancha é a porta e espacioso o camiño que leva á perdición, e son moitos os que entran por el. Pero ¡que estreita é a porta e que apretado o camiño que levan á vida, e que poucos dan con eles!” (Mateo 7:13, 14). Así é, o teu futuro está nas túas mans, que vas escoller?
a Se queres máis información sobre como che pode beneficiar o rescate, vai a lección 27 do libro Desfruta da vida para sempre!. Este é un libro publicado polas Testemuñas de Xehová e podes descargalo gratuitamente en www.jw.org.