Como facer o correcto? A pregunta á que todos nos enfrontamos
Se quixeses viaxar a algún lugar ó que nunca fuches, que farías?
1. Tomar o camiño que cres que te vai levar ó sitio.
2. Seguir a outros, esperando que saiban como chegar.
3. Consultar unha guía fiable, como un GPS, un mapa ou un amigo de confianza que coñeza o camiño.
Se escollemos a primeira ou a segunda opción chegaremos a algún sitio, pero quizais non precisamente a onde queriamos ir. Pola contra, se escollemos a terceira, podemos estar seguros de que chegaremos ó noso destino.
A nosa vida é coma unha viaxe, e esperamos que nos leve a un futuro feliz. Pero que cheguemos ou non ó noso destino vai depender en gran parte de onde busquemos consellos ou guía cando teñamos que tomar decisións.
Aínda que a maioría das decisións que tomamos non teñen un grande efecto a longo prazo na nosa vida, hai outras que si. Estas últimas revelan os nosos valores morais, é dicir, a nosa visión do que está ben e do que está mal. O que fagamos nestes casos afectaranos a nós e ós nosos seres queridos durante moito tempo, xa sexa para ben ou para mal. Estas decisións implican cuestións como:
O sexo e o matrimonio
A honestidade, o traballo e os cartos
A educación dos fillos
A forma de tratar a outros
Como podes saber se as túas decisións sobre estes asuntos farán que teñades un futuro feliz, tanto ti como a túa familia?
A pregunta á que todos nos enfrontamos é: “Que guía moral podo usar para tomar boas decisións sobre o que está ben e o que está mal?”.
Nesta revista explícase por que podemos confiar na Biblia como guía moral e como nos pode axudar.