Ir ó contido

Ir ó índice

Como facer o correcto? A guía da Biblia funciona

Como facer o correcto? A guía da Biblia funciona

Analicemos catro ámbitos da vida nos que a Biblia axudou a millóns de persoas.

1. O matrimonio

A xente ten opinións moi diferentes sobre o matrimonio e o que se necesita para ter unha familia feliz.

O QUE DI A BIBLIA: “Todos e cada un de vós, debe ama-la súa muller coma a si mesmo; e a muller, que respecte ó seu marido” (Efesios 5:33).

O QUE SIGNIFICA: O matrimonio é unha unión que creou Deus. Por iso, el é quen mellor sabe o que se necesita para que unha parella sexa feliz (Marcos 10:6-9). Os cónxuxes poden ser felices cando se centran, non no que reciben, senón no que poden dar para fortalecer o seu matrimonio. Un marido que ama a súa muller trátaa con cariño e coida ben dela. E unha muller que respecta o seu marido apóiao e fálalle con amabilidade.

A GUÍA DA BIBLIA FUNCIONA: Quang e Thi, de Vietnam, sentíanse atrapados nun matrimonio infeliz. A miúdo, Quang era moi brusco. El recoñece: “Dábanme igual os sentimentos da miña muller e moitas veces humillábaa”. Thi quería divorciarse. Ela conta: “Sentía que xa non podía confiar no meu marido e respectalo”.

Co tempo, Quang e Thi aprenderon o que ensina a Biblia e como debían aplicar o principio de Efesios 5:33 no seu matrimonio. Quang conta: “Este versículo axudoume a ver a necesidade de ser amable con Thi e de facela sentir amada e coidada en sentido material, físico e emocional. Cando poño en práctica este principio gánome o seu amor e respecto”. E Thi engade: “Canto máis aplico este texto e lle demostro ó meu home que o respecto, máis querida, protexida e tranquila me fai sentir el a min”.

Se queres saber máis sobre o matrimonio, le en jw.org a revista Despertade! núm. 2 do 2018, titulada “12 claves para unha familia feliz”.

2. A forma de tratar a outros

A miúdo a xente trata mal a outros pola súa raza, nacionalidade, relixión, aparencia ou orientación sexual.

O QUE DI A BIBLIA: “Tede consideración con todo o mundo” (1 Pedro 2:17).

O QUE SIGNIFICA: A Biblia non aproba o racismo, a homofobia nin a xenofobia. Máis ben todo o contrario, anímanos a ser respectuosos con tódalas persoas sen importar a súa raza, nacionalidade ou posición social (Feitos 10:34). Aínda que non esteamos de acordo coas crenzas ou coa forma de vida dalgúns, podemos tratalos con respecto e amabilidade (Mateo 7:12).

A GUÍA DA BIBLIA FUNCIONA: A Daniel ensináronlle a ver a xente de Asia como unha ameaza para o seu país. Chegou a odiar a tódalas persoas de orixe asiático e incluso a insultalas en público. El di: “Xustificaba ou meu comportamento pensando que co que facía estaba apoiando o meu país. Nin sequera me paraba a pensar en se iso estaba mal”.

Daniel acabou aprendendo o que ensina a Biblia. El explica: “Tiven que cambiar por completo a miña forma de pensar e empezar a ver as persoas como as ve Deus. Para el somos todos iguais, non importa de onde veñamos”. Daniel explica como se sente agora cando coñece alguén: “Xa nin sequera me paro a pensar de onde é. De feito, son capaz de querer persoas de todo tipo e teño moi bos amigos por todo o mundo”.

Para saber máis le en jw.org a revista Despertad! núm. 3 do 2020 titulada “¿Tiene cura el prejuicio?” (dispoñible en español).

3. Os cartos

Moitas persoas intentan facerse ricos para ser felices e ter un futuro mellor.

O QUE DI A BIBLIA: “Porque a sabedoría é unha protección igual que os cartos son unha protección. Pero esta é a vantaxe do coñecemento: a sabedoría conserva a vida do seu dono” (Eclesiastés 7:12, TNM).

O QUE SIGNIFICA: É certo que os cartos son necesarios, pero non poden asegurarnos a felicidade nin un bo futuro (Proverbios 18:11; 23:4, 5). Máis ben, estas cousas dependen de que apliquemos a sabedoría que contén a Biblia (1 Timoteo 6:17-19).

A GUÍA DA BIBLIA FUNCIONA: Cardo, un home de Indonesia, estaba centrado en facerse rico. El conta: “Tiña todo o que moita xente desexaría ter. Puiden viaxar e comprar artigos de luxo, coches e casas”. Pero a riqueza duroulle pouco. El explica: “Estafáronme, e todos eses cartos polos que traballei tan duro durante anos desapareceron dun momento para outro. Pasei a vida tratando de facerme rico e, ó final, o único que conseguín foi sentirme baleiro, inútil e decepcionado”.

Este home empezou a aplicar os consellos que dá a Biblia sobre os cartos. Xa non malgasta toda a súa enerxía en acumular riquezas, senón que escolleu levar unha vida máis sinxela. El recoñece: “Agora teño unha boa relación con Deus, e iso si que me fai sentir realmente rico. Podo durmir tranquilo tódalas noites e son verdadeiramente feliz”.

Para saber máis sobre cal é o punto de vista da Biblia en canto ós cartos, le en jw.org o artigo “¿Pueden los estudios y el dinero garantizarle un futuro mejor?” na revista La Atalaya núm. 3 do 2021 (dispoñible en español).

4. O sexo

As persoas teñen unha gran variedade de opinións sobre o que é aceptable en canto ó sexo.

O QUE DI A BIBLIA: “Que vos arrededes da fornicación [ou inmoralidade sexual], que cada un de vós saiba controla-lo seu propio corpo santa e respectuosamente, sen se deixar gobernar pola paixón coma os xentís, que non coñecen a Deus” (1 Tesalonicenses 4:3-5).

O QUE SIGNIFICA: A Biblia pon límites sobre como debemos expresar os nosos desexos sexuais. O termo “inmoralidade sexual” inclúe o adulterio, a prostitución, as relacións sexuais entre dúas persoas que non están casadas, a homosexualidade e o bestialismo (1 Corintios 6:9, 10). As relacións sexuais son un regalo de Deus do que só poden desfrutar un home e unha muller que están casados entre si (Proverbios 5:18, 19).

A GUÍA DA BIBLIA FUNCIONA: Kylie, unha muller de Australia, conta: “Cando estaba solteira, pensaba que se tiña relacións sexuais sentiríame querida e segura. Pero pasou todo o contrario. Sentinme insegura e co corazón roto”.

Máis tarde, Kylie aprendeu e aplicou o que ensina a Biblia sobre o sexo. Ela di: “Puiden ver que as normas de Deus están aí para evitarnos dolor e sufrimento. Agora fago as cousas como Xehová quere e teño un marido que me fai sentir segura e querida . Aplicar a guía da Biblia protexeume moitísimo!”.

Para obter máis información, le en jw.org o artigo “Que di a Biblia sobre vivir xuntos sen estar casados?

O noso Creador axúdanos a saber o que está ben e o que está mal. Aínda que obedecer as súas normas morais non sempre é fácil, vale a pena o esforzo. O resultado sempre será felicidade duradeira.