A Biblia. Unha fonte confiable
Ó longo da historia, persoas de diferentes antecedentes chegaron á conclusión de que a Biblia é un libro confiable e que di a verdade. E, na actualidade, millóns de persoas seguen as súas ensinanzas. Por outro lado, outras opinan que é un libro anticuado e cheo de mitos. Ti que pensas? Podemos encontrar a verdade na Biblia?
POR QUE PODES CONFIAR NA BIBLIA
Como podes saber se a Biblia merece a túa confianza? Pensa no seguinte: se durante moitos anos un amigo che dixese sempre a verdade, seguramente o considerarías unha persoa de confianza, non? É a Biblia como ese amigo que di sempre a verdade? Analiza algúns exemplos.
Escritores honrados
Os escritores da Biblia foron tan honestos que incluso falaron dos seus propios erros. Por exemplo, cando o profeta Xonás escribiu o seu libro, admitiu que fora desobediente (Xonás 1:1-3). De feito, concluíu o seu relato mencionando como o corrixiu Deus, pero non intentou quedar ben explicando como aceptou a corrección (Xonás 4:1, 4, 10, 11). A sinceridade dos escritores bíblicos demostra o seu profundo interese pola verdade.
Consellos prácticos
Son sempre prácticos os consellos que dá a Biblia sobre os asuntos da vida diaria? Por suposto. Por exemplo, fíxate no que recomenda para levarse ben cos demais: “Polo tanto, facede polos demais todo o que vos gustaría que fixesen por vós” (Mateo 7:12). “Unha resposta doce alonga a cólera, unha verba ferinte acende a ira” (Proverbios 15:1). Como vemos, os consellos da Biblia son tan prácticos hoxe en día coma cando se escribiron.
Verdades históricas
Co paso dos anos, moitos descubrimentos arqueolóxicos confirmaron a veracidade histórica de persoas e lugares da Biblia, así como a exactitude de sucesos que se mencionan nela. Analicemos, por exemplo, un detalle pequeno. O escritor bíblico Nehemías, que viviu no século quinto antes da nosa era, afirmou que os tirios (fenicios procedentes de Tiro) que vivían en Xerusalén “viñan con peixes e toda clase de mercadorías” (Nehemías 13:16).
Hai algunha proba que confirme a veracidade deste versículo da Biblia? Si. Os arqueólogos descubriron obxectos fenicios en Israel que indican que, antigamente, estas dúas nacións comerciaban entre elas. E non só iso, senón que tamén se encontraron restos de peixes do mar Mediterráneo en Xerusalén. Os arqueólogos pensan que os traían os comerciantes dende costas distantes. Despois de analizar as probas, o historiador Benjamin Noonan chegou á seguinte conclusión: “É bastante probable que, como se afirma en Nehemías 13:16, os tirios vendesen pescado en Xerusalén”. a
Verdades científicas
É certo que a Biblia é principalmente un libro relixioso e histórico. Pero tamén é exacta cando fala de temas científicos. Vexamos un exemplo.
Uns tres mil cincocentos anos atrás, a Biblia xa afirmaba que a Terra estaba pendurada ou suspendida “sobre a nada” (Xob 26:7). Esta afirmación contrastaba cos mitos que dicían que a Terra flotaba na auga ou que se apoiaba nunha tartaruga xigante. Uns mil cen anos despois de que se escribise o libro de Xob, a xente seguía crendo que a Terra tiña que estar apoiada sobre algo. Non foi ata 1687, hai só uns tres séculos, que Isaac Newton publicou os seus estudos sobre a forza da gravidade e explicou que esta forza invisible é a que mantén a Terra en órbita. Este importante descubrimento científico confirmou que o que a Biblia dixo hai máis de tres mil anos é verdade.
Profecías confiables
Ata que punto son confiables as profecías da Biblia? Analicemos un exemplo: a profecía de Isaías sobre a caída de Babilonia.
A profecía: Arredor do ano 732 antes da nosa era, cando Babilonia aínda non era a capital dun poderoso imperio, o escritor bíblico Isaías predixo que sería conquistada e que, co tempo, quedaría deshabitada (Isaías 13:17-20). Isaías incluso revelou o nome do conquistador: Ciro. Tamén describiu a estratexia que usaría: secar os ríos da cidade. E, ademais, predixo que as portas da cidade quedarían abertas (Isaías 44:27–45:1).
O cumprimento: Uns douscentos anos despois de que Isaías escribise esta profecía, un rei persa atacou Babilonia. Cal era o seu nome? Ciro. Como a cidade estaba moi ben amurallada, Ciro decidiu aproveitar o río que a atravesaba e a rodeaba, o Éufrates. O seus homes construíron un canal río arriba e desviaron as augas cara a un terreo pantanoso. Iso fixo que o nivel das augas baixara o suficiente como para que puidesen atravesalo a pé e chegar ata as portas da cidade. E, incriblemente, os babilonios deixaran as portas abertas! Así, o exército de Ciro conseguiu entrar en Babilonia e conquistar a cidade.
Aínda así, faltaba por cumprirse un detalle: chegaría a estar deshabitada? Durante varios séculos, a xente continuou vivindo alí. Pero na actualidade as ruínas de Babilonia, que están cerca da cidade de Bagdad, en Iraq, confirman que a profecía se cumpriu ata o máis mínimo detalle. Polo tanto, a Biblia tamén é confiable cando fala do que ocorrerá no futuro.
a Journal of Biblical Literature, Vol. 130, núm. 2, publicado por The Society of Biblical Literature.