Ir ó contido

Ir ó índice

Escoita Deus as túas oracións?

Escoita Deus as túas oracións?

Cando oras, cres realmente que Deus te escoita?

O QUE DI A BIBLIA

  • Deus si que te escoita. A Biblia asegúranos que “o Señor está cerca dos que o chaman, dos que sinceramente o invocan. El [...] escoita o seu pranto” (Salmo 145:18, 19).

  • Deus quere que ti lle ores. A Biblia invítanos a facer o seguinte: “En todo presentádelle a Deus as vosas peticións con oracións de súplica e acción de gracias” (Filipenses 4:6).

  • Deus de verdade se preocupa por ti. El está ó tanto de todo o que che preocupa e che dá ansiedade, e quere axudarche. A Biblia di: “Botade sobre Deus tódalas vosas ansias, que El coida de vós” (1 Pedro 5:7).