Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 8

Por que coidamos tanto o noso aspecto para ir ás reunións?

Por que coidamos tanto o noso aspecto para ir ás reunións?

Islandia

México

Guinea-Bisau

Filipinas

Viches nas fotos deste folleto como imos vestidos as testemuñas de Xehová ás nosas reunións? Por que lle damos tanta importancia á nosa vestimenta e acicalamento?

Por respecto ó noso Deus. É certo que Deus mira máis alá da aparencia exterior (1o Samuel 16:7). Pero cando nos xuntamos para adorar a Deus nas nosas reunións, desexamos de todo corazón mostrarlle o debido respecto, tanto a el coma ós nosos compañeiros. Se nos invitasen a ir a xunto dun rei, seguramente prestariamos moita atención ó noso aspecto como mostra de respecto á súa posición. Do mesmo xeito, a nosa aparencia cando imos ás reunións demostra a reverencia que sentimos polo “Rei dos séculos”, Xehová Deus, e polo lugar onde o adoramos (1a Timoteo 1:17).

Para amosar os nosos valores. A Biblia anima ós cristiáns a vestir “con reverencia e modestia” (1a Timoteo 2:9, 10). Obedecer este mandato significa evitar a vestimenta que chame a atención sobre nós por ser ostentosa, provocativa ou reveladora. Tamén implica escoller roupa que dea unha boa imaxe de nós, que non sexa descoidada ou de estilos extremados. Axustarnos a estes principios non impide que poidamos escoller entre unha ampla variedade de estilos. Aínda sen falar, un aspecto agradable e de bo gusto glorifica a Xehová e fai “honor á doutrina de Deus” (Tito 2:10; 1a Pedro 2:12). O coidado do noso aspecto cando imos ás reunións inflúe no xeito en que os demais ven a nosa relixión.

Por outro lado, que o tema da vestimenta non che supoña un problema para vir ás nosas reunións. A roupa non ten que ser cara para estar limpa e ser axeitada e presentable.

  • Por que é importante coidar o noso aspecto cando imos ás reunións?

  • Que principios seguimos para escoller a nosa vestimenta e acicalamento?