Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 2

Por que nos chamamos testemuñas de Xehová?

Por que nos chamamos testemuñas de Xehová?

Noé

Abraham e Sara

Moisés

Xesucristo

Moita xente pensa que a relixión das testemuñas de Xehová existe dende hai pouco tempo. Agora ben, hai máis de dous mil setecentos anos, Deus mesmo chamoulles “testemuñas” ós seus servos (Isaías 43:10-12). Ata o ano 1931 o noso nome era Estudantes da Biblia. Entón, por que o cambiamos a “testemuñas de Xehová”?

Identifica ó noso Deus. O nome de Deus, Xehová, aparece case sete mil veces nos antigos manuscritos da Biblia. Pero en moitas traducións cambiouse por títulos como “Señor” ou “Deus”. Non obstante, Deus mesmo díxolle a Moisés que se chamaba Xehová, ou Iavé, e engadiu: “Ese será o meu nome para sempre” (Éxodo 3:15). Deste xeito diferenciouse dos deuses falsos. Para nós é un orgullo levar hoxe o santo nome de Deus.

Identifica a nosa comisión. Dende o xusto Abel en adiante, moitos homes e mulleres do pasado deron testemuño da súa fe en Xehová. Ó longo dos séculos, Noé, Abraham, Sara, Moisés, David e outros, fóronse unindo a este gran grupo de testemuñas (Hebreos 11:4–12:1). Do mesmo xeito que unha persoa pode dar testemuño no xulgado en defensa de alguén inocente, nós estamos decididos a proclamar ós catro ventos a verdade acerca do noso Deus.

Identifícanos como seguidores de Xesús. A Biblia di que Xesús é “a testemuña fiel e lexítima” (Apocalipse 3:14). El mesmo dixo que dera a coñecer o nome do seu pai, e tamén que dera “testemuño da verdade” acerca de Deus (Xoán 17:26; 18:37). Polo tanto, os seguidores de Xesús levan e dan a coñecer o nome de Deus. Isto é precisamente o que as testemuñas de Xehová nos esforzamos por facer.

  • Por que os Estudantes da Biblia cambiaron o seu nome a “testemuñas de Xehová”?

  • Dende cando ten Xehová testemuñas na Terra?

  • Quen é a testemuña de Xehová máis importante?