Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 19

Quen é o “criado fiel e prudente”?

Quen é o “criado fiel e prudente”?

Todos sacamos proveito do alimento espiritual

Pouco antes de morrer, Xesús falou en privado con catro dos seus discípulos: Pedro, Santiago, Xoán e Andrés. Mentres lles estaba a predicir o sinal da súa presenza nos días derradeiros, fixo unha pregunta importantísima: “¿Quen é o criado fiel e prudente, a quen o Señor encargou o coidado de dar de comer á servidume no seu debido tempo?” (Mateo 24:3, 45; Marcos 13:3, 4). Xesús estáballes a garantir ós seus discípulos que, como “Señor” seu, ía nomear un “criado”. Este ocuparíase durante os días derradeiros de prover constantemente para os seus seguidores alimento espiritual, é dicir, coñecemento acerca de Deus. Pero, quen é este criado?

É un grupo pequeno de discípulos unxidos de Xesús. Este “criado” é o grupo de cristiáns unxidos que forman o Consello Reitor das Testemuñas de Xehová. Estase ocupando de prover alimento espiritual no seu debido tempo para os seus compañeiros cristiáns. Dependemos deste criado fiel para conseguir este alimento (Lucas 12:42).

Administra a casa de Deus (1a Timoteo 3:15). Xesús deulle ó criado a grandísima responsabilidade de administrar o traballo da parte da organización de Xehová que está na Terra: coidar dos seus recursos materiais, dirixir a predicación, e ensinarnos mediante as congregacións. Por iso, para darnos o que precisamos, e cando o precisamos, “o criado fiel e prudente” está a prover alimento espiritual mediante as publicacións que empregamos na predicación, e a información que se presenta nas reunións e nos congresos.

O criado é fiel ás verdades da Biblia e á súa encomenda de predicar as boas novas do Reino, e é prudente porque mira con sabedoría polos bens que Xesús puxo ó seu coidado na Terra (Feitos 10:42). Deus está a bendicir este traballo atraendo a cada vez máis persoas ó seu pobo, e proporcionando alimento espiritual dabondo para todos (Isaías 60:22; 65:13).

  • A quen nomeou Xesús para alimentar espiritualmente ós seus discípulos?

  • Por que se di que o criado é fiel e prudente?