Ir ó contido

Que pensas do futuro?

Que pensas do futuro?

O noso mundo . . .

  • vai seguir igual?

  • irá a peor?

  • irá a mellor?

O QUE DI A BIBLIA

“Deus (...) enxugará tódalas bágoas dos seus ollos, e a morte xa non existirá máis. Nin haberá máis loito nin pranto nin dor, porque as primeiras cousas pasaron xa.” (Apocalipse 21:3, 4, A Biblia, SEPT)

QUE PODERÍA SIGNIFICAR ISTO PARA TI?

Ter un traballo que pague a pena (Isaías 65:21-23)

Vivir sen enfermidades nin padecementos (Isaías 25:8; 33:24)

Gozar cos teus dunha vida sen fin (Salmos 37:11, 29)

PODEMOS CONFIAR NO QUE DI A BIBLIA?

Si, dúas das razóns son:

  • Deus pode cumprir as súas promesas. A Biblia di que Xehová Deus todo o sostén, é dicir, que o seu poder non ten límites (Apocalipse 15:​3). Por iso, pode manter a súa promesa de mellorar o mundo para sempre. Tal e como di a Biblia, “para Deus todo é posible” (Mateo 19:26).

  • Deus quere cumprir as súas promesas. Por exemplo, Xehová ten “saudade” dos que se perderon na morte, desexa resucitalos (Xob 14:14, 15).

    A Biblia tamén di que o seu fillo, Xesús, curou enfermos. Por que o fixo? Porque desexaba facelo (Marcos 1:40, 41). Imitaba á perfección o seu Pai, por iso axudou os necesitados (Xoán 14:9).

    Polo tanto, podemos estar seguros de que tanto Xehová como Xesús queren que gocemos dun futuro feliz (Salmos 72:12-14; 145:16; 2 Pedro 3:9).

PENSA NISTO

Que vai facer Deus para mellorar o mundo?

Atoparás a resposta en MATEO 6:9, 10 e DANIEL 2:44.