Que pensas da Biblia?
Dirías que é . . .
-
un libro feito por homes?
-
un libro de mitos e lendas?
-
a Palabra de Deus?
O QUE DI A BIBLIA
“Toda a Escritura está inspirada por Deus” (2 Timoteo 3:16, A Biblia, SEPT)
QUE PODERÍA SIGNIFICAR ISTO PARA TI?
Respostas ás preguntas importantes da vida (Proverbios 2:1-5)
Bos consellos para a vida diaria (Salmo 119:105)
Verdadeira esperanza para o futuro (Romanos 15:4)
PODEMOS CONFIAR NO QUE DI A BIBLIA?
Si, tres das razóns son:
-
Harmonía narrativa sorprendente. Ó longo duns mil seiscentos anos unhas corenta persoas participaron en escribir a Biblia. A maioría deles nin chegaron a coñecerse. E aínda así, toda ela garda relación cun único tema.
-
Rexistro histórico fiable. Moitas veces os historiadores tenden a ocultar os fracasos do seu pobo. Pola contra, os escritores da Biblia non esconderon os seus erros nin os da súa nación (2 Crónicas 36:15, 16; Salmo 51:3-6 [51:1-4, Traducción del Nuevo Mundo]).
-
Profecías que sempre se cumpren. Sabías que a Biblia predeciu a destrución da antiga cidade de Babilonia con douscentos anos de adianto? (Isaías 13:17-22). Non só explicou como ía ser destruída, senón que tamén deu o nome do seu conquistador (Isaías 45:1-3).
Moitas outras profecías bíblicas tamén se cumpriron do mesmo xeito. Non é isto o que esperariamos da Palabra de Deus? (2 Pedro 1:21).
PENSA NISTO
Como podería a Biblia mellorar a túa vida?
Atoparás a resposta en ISAÍAS 48:17, 18 e 2 TIMOTEO 3:16, 17.