ASPECTO DA ORATORIA 11
Entusiasmo
Romanos 12:11
EN QUE CONSISTE? Falar con intensidade e viveza co propósito de animar e motivar o auditorio.
COMO LOGRALO?
-
Fala dende o corazón. Mentres preparas a túa intervención, dedica tempo a reflexionar na importancia da información que vas presentar. Familiarízate con ela ata que poidas falar con sentimento e dende o corazón.
-
Pensa no auditorio. Reflexiona en como pode beneficiar ó auditorio a información que vas presentar ou a lectura que vas facer. Pensa en como podes conseguir que os presentes valoren aínda máis a información.
-
Dálle vida á presentación. Fala con entusiasmo. Os teus xestos e expresións faciais deben expresar sentimento, pero sempre dun xeito natural.