LECCIÓN 60
Sigue achegándote a Xehová
Neste curso da Biblia aprendiches moito sobre Xehová. As cousas que aprendiches fixeron que o ames tanto que probablemente xa te dedicaches a el e te bautizaches. E se non o fixeches, poida que esteas pensando en facelo pronto. Pero este camiño non acaba no bautismo. Podes seguir achegándote a Xehová para sempre. Como?
1. Por que deberías seguir fortalecendo a túa amizade con Xehová?
Temos que esforzarnos por seguir fortalecendo a nosa amizade con Xehová. Por que? Para que nunca “andemos á deriva” e nos vaiamos apartando del (Hebreos 2:1). Que pode axudarnos a seguir servindo a Xehová fielmente? Podemos manternos ocupados na obra de predicar e buscar outros xeitos de facer máis por Deus (le Filipenses 3:16). Servir a Xehová é o mellor camiño que podes escoller! (Salmo 84:11 [84:10, TNM]).
2. Que máis deberías seguir facendo?
Aínda que este curso da Biblia xa está rematando, a túa vida como cristián segue. A Biblia di que debemos poñernos a nova personalidade (Efesios 4:23, 24). Segundo sigas estudando a Palabra de Deus e indo ás reunións, aprenderás cousas novas sobre Xehová e as súas calidades. Busca maneiras de imitar mellor a súa personalidade na túa vida. Sigue facendo calquera cambio necesario para facer feliz a Xehová.
3. Como che vai axudar Xehová?
A Biblia di de Deus: “El mesmo vos porá en forma, vos volverá firmes, fortes e vos dará estabilidade” (1 Pedro 5:10). Todos afrontamos tentacións. Pero Xehová dános o que necesitamos para resistilas (Salmo 139:23, 24). El promete darche tanto o desexo como as forzas para servilo fielmente (le Filipenses 2:13).
AFONDA MÁIS
Analiza como podes seguir achegándote a Xehová e mira como te vai bendicir.
4. Sigue falando e escoitando o teu mellor Amigo
Orar e estudar a Biblia axudouche a ser amigo de Xehová. Como poden estas cousas facer que te achegues aínda máis a el?
Lede Salmo 62:9 (62:8, TNM) e logo comentade esta pregunta:
-
Para fortalecer a túa amizade con Xehová, como podes mellorar a calidade das túas oracións?
Lede Salmo 1:2 e logo comentade esta pregunta:
-
Para fortalecer a túa amizade con Xehová, como podes sacar máis proveito da túa lectura da Biblia?
Que podes facer para sacar máis proveito do teu estudo persoal? Para ver algunhas ideas, poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:
-
Que ideas do vídeo poderías aplicar no teu estudo persoal?
-
Que temas che gustaría estudar?
5. Ponte metas espirituais
Poñerte metas no teu servizo a Xehová axudarache a seguir progresando. Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:
-
Como lle axudou á irmá do vídeo poñerse metas espirituais?
Non todos podemos mudarnos a outro país, pero todos podemos poñernos metas realistas segundo as nosas circunstancias. Lede Proverbios 21:5 e logo pensa en que metas che gustaría poñerte...
-
na congregación.
-
na predicación.
Como pode axudarche este texto a alcanzar as túas metas?
Metas que te poderías poñer
-
Mellora a calidade das túas oracións.
-
Le toda a Biblia.
-
Coñece a tódolos que forman parte da congregación.
-
Empeza e dirixe un curso da Biblia.
-
Sirve como pioneiro auxiliar ou regular.
-
Se es un irmán, esfórzate por chegar a ser servo ministerial.
6. Desfruta da vida para sempre!
Lede Salmo 22:27 (22:26, TNM) e 37:11, 29 e logo comentade esta pregunta:
-
Que podes facer para desfrutar da vida agora e para sempre?
RESUMO
Sigue fortalecendo a túa amizade con Xehová e poñéndote metas espirituais. Dese xeito poderás desfrutar da vida para sempre!
Repaso
-
Por que podes estar seguro de que Xehová che axudará a servilo fielmente?
-
Como podes fortalecer a túa amizade con Xehová?
-
Como poden axudarche as metas espirituais a facer máis por Xehová?
INVESTIGA
Que valora máis Xehová? Que fagamos un gran xesto de adoración ou que nos manteñamos leais durante toda a vida?
Incluso un servo fiel de Xehová pode perder a alegría. Mira como recuperala.
Que podes facer para poñerte metas espirituais e alcanzalas?
“Ponte metas espirituais para darlle honra ó teu Creador” (La Atalaya, 15 xullo 2004)
Por que é imprescindible ser maduro en sentido espiritual? Como podes conseguilo?
“Avanza cara á madurez, ‘está cerca o grande día do Señor’” (La Atalaya, 15 maio 2009)