Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 54

O papel do “criado fiel e prudente”

O papel do “criado fiel e prudente”

Xesús é Cabeza da congregación cristiá (Efesios 5:23). Na actualidade, dirixe dende o ceo os seus seguidores aquí na Terra mediante “o criado fiel e prudente” (le Mateo 24:45). Como ese criado sería nomeado directamente por Xesús, tería certo grao de autoridade. Pero seguiría obedecendo a Cristo e servindo os seus irmáns. Quen é ese criado? Como coida de nós?

1. Quen é “o criado fiel e prudente”?

Xehová sempre se valeu dun home ou dun pequeno grupo de homes para dirixir o seu pobo (Malaquías 2:7; Hebreos 1:1). Despois da morte de Xesús, os apóstolos e os anciáns de Xerusalén encargáronse desa función (Feitos 15:2). Seguindo ese modelo, hoxe un pequeno grupo de anciáns, o Consello Reitor das Testemuñas de Xehová, dá alimento espiritual e dirixe a obra de predicar. Este grupo é “o criado fiel e prudente” que Xesús nomeou (Mateo 24:45a). Tódolos membros do Consello Reitor son cristiáns unxidos por espírito santo que esperan reinar con Cristo dende o ceo cando termine a súa vida na Terra.

2. Que alimento espiritual dá o criado fiel?

Xesús dixo que o criado fiel lles daría de comer ós seus irmáns cristiáns no seu debido tempo (Mateo 24:45b). O alimento axúdanos a manternos fortes e sans en sentido físico. Do mesmo xeito, o alimento espiritual, as instrucións da Palabra de Deus, dános as forzas que necesitamos para manternos leais a Xehová e para cumprir coa obra que Xesús nos encargou (1 Timoteo 4:6). Recibimos este alimento espiritual a través das reunións, os congresos, as publicacións e os vídeos baseados na Biblia que nos axudan a entender cal é a vontade de Deus e a estreitar a nosa amizade con el.

AFONDA MÁIS

Mira por que necesitamos o “criado fiel e prudente” ou Consello Reitor.

O Consello Reitor dálles alimento espiritual, guía e axuda práctica ás testemuñas de Xehová de todo o mundo

3. O pobo de Xehová ten que estar organizado

Baixo a dirección de Xesús, o Consello Reitor organiza o labor das Testemuñas de Xehová. Algo parecido pasaba entre os cristiáns do primeiro século. Poñede o VÍDEO.

Lede 1 Corintios 14:33, 40 e logo comentade esta pregunta:

  • Como demostran estes versículos que Xehová quere que as súas testemuñas estean organizadas?

4. O criado fiel e prudente organiza a nosa predicación

A predicación foi o labor máis importante dos cristiáns do primeiro século. Lede Feitos 8:14, 25 e logo comentade estas preguntas:

  • Quen dirixía a predicación dos primeiros cristiáns?

  • Que fixeron Pedro e Xoán cando recibiron instrucións dos outros apóstolos?

A predicación é a actividade máis importante que organiza o Consello Reitor. Poñede o VÍDEO.

Xesús destacou a importancia da predicación. Lede Marcos 13:10 e logo comentade estas preguntas:

  • Por que é tan importante a predicación para o Consello Reitor?

  • Por que necesitamos que o “criado fiel e prudente” organice esta obra mundial?

5. O criado fiel guíanos e dános instrucións

O Consello Reitor guía os cristiáns de todo o mundo. Como deciden que instrucións dar? Analiza como o facía o consello reitor dos primeiros cristiáns. Lede Feitos 15:1, 2 e logo comentade estas preguntas:

  • Que problema había entre os primeiros cristiáns?

  • A quen acudiron Paulo, Bernabé e outros para resolver o problema?

Lede Feitos 15:12-18, 23-29 e logo comentade esta pregunta:

  • Antes de tomar unha decisión, que fixo o consello reitor daquel tempo para saber que opinaba Deus sobre o asunto? (Ver os versículos 121528).

Lede Feitos 15:30, 31 e 16:4, 5 e logo comentade estas preguntas:

  • Como reaccionaron os cristiáns daquel tempo ás instrucións do consello reitor?

  • Como bendixo Xehová a súa obediencia?

Lede 2 Timoteo 3:16 e Santiago 1:5 e logo comentade esta pregunta:

  • Na actualidade, onde busca guía o Consello Reitor para tomar decisións?

HAI QUEN DI: “Se fas o que che di o Consello Reitor ó final só estás seguindo a homes”.

  • Que te convence a ti de que Xesús está a guiar o Consello Reitor?

RESUMO

O Consello Reitor é o “criado fiel e prudente” nomeado por Xesús. Encárgase de guiar e dar alimento espiritual ós cristiáns de todo o mundo.

Repaso

  • Quen nomeou ó “criado fiel e prudente”?

  • Como coida de nós o Consello Reitor?

  • Cres que o Consello Reitor é o “criado fiel e prudente”?

Intenta isto

INVESTIGA

Mira como está organizado o Consello Reitor para cumprir co seu labor.

“Que é o Consello Reitor das Testemuñas de Xehová?” (Artigo web)

Aprende como se asegura o Consello Reitor de que recibamos alimento espiritual fiable.

As nosas publicacións son exactas (17:18)

Como ven os membros do Consello Reitor o traballo que Xesús lles encargou?

Un honor moi grande (7:04)

Como demostran as nosas reunións e congresos que Xehová está dirixindo o Consello Reitor?

Xehová está ensinando ó seu pobo (9:39)