LECCIÓN 49
Como podes ter unha familia feliz? (Parte 1)
Os que acaban de casar esperan que a felicidade que senten o día da súa voda dure para sempre. E pode ser así. Os cristiáns que levan casados moitos anos e que se esforzaron por aplicar os consellos da Biblia saben que isto é posible.
1. Que consello lles dá a Biblia ós homes?
Xehová nomeou o home cabeza de familia (le Efesios 5:23). E espera que tome decisións que a beneficien. A Biblia dilles ós homes: “Amade as vosas mulleres” (Efesios 5:25). Que quere dicir isto? Que un marido cariñoso trata a súa muller con amabilidade, tanto na casa como en público. Protéxea de calquera dano e fai todo o posible por coidar das súas necesidades físicas e emocionais (1 Timoteo 5:8). Pero sobre todo, toma a iniciativa en atender as súas necesidades espirituais (Mateo 4:4). Por exemplo, pode orar e ler a Biblia con ela. Cando o home coida da súa muller con amor, mantén a amizade que hai entre el e Xehová (le 1 Pedro 3:7).
2. Que consello lles dá a Biblia ás mulleres?
A Palabra de Deus di: “A muller, que respecte ó seu marido” (Efesios 5:33). Como pode facelo? Pode pensar nas boas calidades do seu home e nos esforzos que fai por coidar dela e dos nenos. Tamén pode demostrar respecto apoiando as decisións que el toma e sendo amable cando fala con el e cando lles fala del a outros, mesmo se o seu home non adora a Xehová.
3. Como pode unha parella fortalecer o seu matrimonio?
A Biblia di que os casados “serán os dous unha soa carne” (Mateo 19:5). Iso significa que deben loitar contra calquera cousa que os poida ir apartando o un do outro. Para iso deben pasar tempo xuntos a miúdo e contarse os seus pensamentos e sentimentos con cariño e sinceridade. Non deixan que nada nin ninguén, excepto Xehová, sexa máis importante que a súa parella. E teñen moito coidado de non ter unha relación demasiado estreita con calquera outra persoa.
AFONDA MÁIS
Mira que principios da Biblia poden facer máis forte o teu matrimonio.
4. O home debe amar e coidar da súa muller
A Biblia di: “Así deben tamén os maridos ama-las súas mulleres coma os seus propios corpos” (Efesios 5:28, 29). Que significa iso? Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:
-
De que maneiras pode demostrar un home que ama e coida da súa muller?
Lede Colosenses 3:12 e logo comentade esta pregunta:
-
Como pode un home demostrar estas calidades no seu matrimonio?
5. A muller debe amar e respectar o seu marido
A Biblia anima a muller a respectar o seu marido, tanto se este adora a Xehová como se non. Lede 1 Pedro 3:1, 2 e logo comentade estas preguntas:
-
Se o teu marido non adora a Xehová, seguro que che gustaría que o fixese. Que pensas que daría mellor resultado? Predicarlle seguido ou demostrar unha boa conduta e unha actitude respectuosa? Por que?
O marido e a muller poden tomar boas decisións xuntos. Pero, ás veces, poida que a muller 1 Pedro 3:3-5 e logo comentade esta pregunta:
non estea de acordo co seu home. Neses casos pode expresar o que pensa con calma e respecto. Pero debe ter en conta que Xehová lle deu ó seu home a responsabilidade de decidir o que é mellor para a familia. Ela debería facer todo o posible para apoiar a súa decisión. Así contribuirá a que toda a familia sexa feliz. Lede-
Como se sente Xehová cando a muller demostra que respecta o seu marido?
6. Podes superar os problemas no matrimonio
Ningún matrimonio é perfecto. Por iso as parellas teñen que traballar xuntas para superar os problemas. Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:
-
Que sinais demostraban que a parella do vídeo se estaba distanciando?
-
Que fixeron para fortalecer o seu matrimonio?
Lede 1 Corintios 10:24 e Colosenses 3:13. Despois de ler cada texto comentade esta pregunta:
-
Como pode axudar a fortalecer o matrimonio aplicar este consello?
A Biblia di que debemos estimarnos uns ós outros. Iso inclúe tratarnos con cariño e con respecto. Lede Romanos 12:10 e logo comentade estas preguntas:
-
Debería o home ou a muller esperar que a súa parella sexa quen dea o primeiro paso en demostrar cariño e respecto? Por que pensas así?
HAI QUEN DI: “A miña parella e mais eu xa non estamos tan unidos coma antes”.
-
Como lle explicarías que a Biblia pode axudalos?
RESUMO
O home e a muller poden ser felices cando se queren, se respectan e aplican os principios da Biblia.
Repaso
-
Que pode facer o home para que o seu matrimonio sexa máis feliz?
-
Que pode facer a muller para que o seu matrimonio sexa máis feliz?
-
Se estás casado, que principio bíblico podería axudarche a facer máis forte o teu matrimonio?
INVESTIGA
Aprende consellos prácticos que poden axudarche a ter unha familia feliz.
Mira un vídeo musical que destaca os beneficios de aplicar os consellos de Deus no matrimonio.
Analiza que significa respectar a autoridade que ten o marido na familia.
“Por que debe a muller respectar o principio de autoridade?” (La Atalaya, 15 maio 2010)
Mira como conseguiu resolver os seus problemas unha parella que mesmo chegara a divorciarse.