LECCIÓN 35
Como podemos tomar boas decisións?
Todos temos que tomar decisións. E moitas delas poden ter un impacto moi grande en nós e na nosa amizade con Xehová. Por exemplo, poida que teñamos que decidir onde imos vivir, como nos imos gañar a vida ou se imos casar ou non. Cando tomamos boas decisións, podemos ser felices e agradarlle a Xehová.
1. Como che pode axudar a Biblia a tomar boas decisións?
Antes de tomar unha decisión, pídelle axuda a Xehová e analiza o que di a Biblia para saber o que el pensa sobre ese tema (le Proverbios 2:3-6). Ás veces, Xehová dá unha norma clara. Neses casos, a mellor decisión que podes tomar é obedecelo.
Pero, que pasa se non hai un mandato claro na Biblia que che diga o que tes que facer? Xehová seguirate guiando “polo camiño por onde debes ir” (Isaías 48:17). Como? A Biblia contén principios que poden servirche de guía. Os principios bíblicos son verdades básicas que nos axudan a entender o que pensa e o que sente Deus. Moitas veces, cando lemos un relato na Biblia, aprendemos o que pensa Xehová sobre certo asunto. Cando entendemos como se sente Xehová, podemos tomar decisións que lle agradan.
2. Que deberías ter en conta antes de tomar unha decisión?
A Biblia di: “O prudente vixía os pasos que dá” (Proverbios 14:15, SBG). Iso significa que, antes de tomar unha decisión, debemos pararnos a pensar nas diferentes opcións que temos. Cando analices cada opción pregúntate: “Que principios bíblicos aplican neste caso? Cal destas opcións me deixará coa conciencia tranquila? Vai afectar a outros a miña decisión? E o máis importante, fará feliz a Xehová?” (Deuteronomio 32:29).
Xehová ten o dereito de dicirnos o que está ben e o que está mal. Cando chegamos a coñecer ben as súas normas e principios, e estamos decididos a seguilos, cultivamos unha boa conciencia. A conciencia é o sentido interno que temos cada un de nós sobre o que está ben e o que está mal (Romanos 2:14, 15). Unha conciencia ben educada axudaranos a tomar boas decisións.
AFONDA MÁIS
Mira como inflúen os principios da Biblia e a nosa conciencia nas decisións que tomamos.
3. Deixa que a Biblia te guíe
Como poden guiarnos os principios bíblicos cando tomamos decisións? Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:
-
Que é o libre albedrío?
-
Por que nos deu Xehová libre albedrío?
-
Que axuda nos deu para tomar as mellores decisións?
Para ver un exemplo dun principio bíblico lede Efesios 5:15, 16. Logo comentade como aproveitar o tempo da mellor maneira posible para...
-
ler a Biblia tódolos días.
-
ser mellor marido ou muller, pai ou nai, fillo ou filla.
-
ir ás reunións de congregación.
4. Educa a túa conciencia para tomar boas decisións
Cando hai unha norma clara na Biblia sobre un asunto, pode parecer fácil saber cal é a decisión correcta. Pero, que pasa cando non a hai? Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:
-
Que pasos deu a irmá do vídeo para educar a súa conciencia e tomar unha decisión que lle agradase a Xehová?
Cando teñamos que tomar unha decisión, por que non deberiamos preguntarlles a outros o que temos que facer? Lede Hebreos 5:14 e logo comentade estas preguntas:
-
Aínda que pareza fácil pedirlles a outros que decidan por nós, que deberiamos ser capaces de distinguir por nós mesmos?
-
Con que ferramentas contamos para educar a nosa conciencia e tomar boas decisións?
5. Respecta a conciencia dos demais
Todos somos diferentes e por iso tomamos diferentes decisións. Como podemos demostrar que respectamos a conciencia dos demais? Imos analizar dúas situacións:
Situación 1. Unha irmá á que lle gusta ir maquillada cámbiase a unha congregación onde hai moitas irmás ás que lles molesta que outras leven maquillaxe.
Lede Romanos 15:1 e 1 Corintios 10:23, 24 e logo comentade estas preguntas:
-
Tendo en conta o que din estes textos, que podería decidir a irmá? Que farás ti se estás cunha persoa e a súa conciencia lle di que algo está mal pero a túa non?
Situación 2. Un irmán sabe que a Biblia non condena o consumo moderado de alcohol, pero decide non tomalo. Un día invítano a pasar tempo con outros irmáns e ve que algúns beben alcohol.
Lede Eclesiastés 7:16 e Romanos 14:1, 10 e logo comentade estas preguntas:
-
Tendo en conta o que din estes textos, como debería reaccionar o irmán? Que farás ti se ves que outras persoas fan algo que a túa conciencia che di que está mal?
Que pasos te levarán a tomar unha boa decisión?
1. Ora a Xehová para que che axude a decidir que facer (Santiago 1:5).
2. Investiga na Biblia e nas publicacións baseadas nela principios que apliquen no teu caso. Tamén podes falar do asunto con algún cristián de experiencia.
3. Pensa no efecto que terá a túa decisión na túa conciencia e na dos demais.
HAI QUEN DI: “Tes dereito a facer o que che dea a gana. Que máis dá o que pensen os demais?”.
-
Por que deberiamos ter en conta os sentimentos de Xehová e os doutras persoas?
RESUMO
Tomamos boas decisións cando entendemos o que pensa Xehová dun asunto e cando analizamos se o que imos facer lles axudará ou lles molestará ós demais.
Repaso
-
Como podes tomar decisións que lle agraden a Xehová?
-
Como podes educar a túa conciencia?
-
Como podes demostrar que respectas a conciencia dos demais?
INVESTIGA
Como podes tomar decisións que estreiten a túa amizade con Xehová?
“Tomemos decisións que honren a Deus” (La Atalaya, 15 abril 2011)
Aprende máis sobre como nos dá consellos Xehová.
Mira que lle axudou a un home a tomar unha decisión difícil.
Descubre como agradarlle a Xehová cando non hai unha norma específica sobre un asunto.
“Fai falta que haxa sempre unha norma bíblica?” (La Atalaya, 1 decembro 2003)