Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 34

Como podemos demostrar o noso amor por Xehová?

Como podemos demostrar o noso amor por Xehová?

Notaches que te achegaches máis a Deus dende que empezaches a estudar a Biblia? Gustaríache facerte máis amigo del? Recorda que Xehová ve canto lle queres. Así que canto máis medre o teu amor por el, máis te quererá e máis se preocupará por ti. Como podes demostrarlle o teu amor?

1. Como lle demostramos a Xehová o noso amor?

Demostramos o noso amor por Xehová cando o obedecemos (le 1 Xoán 5:3). El non obriga a ninguén a obedecelo. Máis ben, dános a cada un de nós a oportunidade de escoller se queremos obedecelo ou non. Por que? Porque Xehová quere que o obedezamos “de corazón” (Romanos 6:17). Noutras palabras, el quere que o obedezas non porque teñas que facelo, senón porque lle queres moito. As seccións 34 deste libro están pensadas para axudarche a demostrar o teu amor por Xehová facendo o que lle agrada e evitando o que lle desagrada.

2. Por que pode ser difícil demostrar o noso amor por Xehová?

“Moitos son os males dos xustos” (Salmo 34:20 [34:19, TNM]). Todos temos que loitar contra as nosas imperfeccións. E poida que tamén teñamos que afrontar problemas económicos, inxustizas e outras dificultades. Cando pasamos por problemas pode que non nos sexa fácil facer o que Xehová nos pide. Isto é así porque desobedecer a Xehová é o camiño máis fácil. Pero cando fas o que Xehová che di, demóstraslle que lle queres máis a el que a calquera outra cousa. Tamén demostras que lle es leal. A cambio, el será leal contigo. Xehová prométeche: “Non te deixarei nin te desampararei” (Hebreos 13:5).

AFONDA MÁIS

Analiza por que fai feliz a Xehová que lle sexas obediente e que che pode axudar a seguir sendo leal.

3. Unha acusación que te inclúe a ti

No libro bíblico de Xob lemos que Satanás lanzou unha acusación non só contra un home chamado Xob, senón tamén contra tódalas persoas que queren servir a Xehová. Lede Xob 1:1, 6–2:10 e logo comentade estas preguntas:

  • Segundo dixo Satanás, por que obedecía Xob a Xehová? (Ver Xob 1:9-11).

  • De que acusou Satanás a tódolos humanos, incluído a ti? (Ver Xob 2:4).

Lede Xob 27:5b e logo comentade esta pregunta:

  • Como demostrou Xob que de verdade amaba a Xehová?

Xob demostrou o seu amor por Xehová manténdose leal a el

Nós tamén demostramos o noso amor por Xehová manténdonos leais a el

4. Fai feliz a Xehová

Lede Proverbios 27:11 e logo comentade estas preguntas:

  • Como se sente Xehová cando es sabio e o obedeces? Por que?

5. Ti tamén podes ser leal a Xehová

O amor que sentimos por Xehová impúlsanos a falar del a outras persoas. E a nosa lealdade impúlsanos a facelo incluso cando non é fácil. Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:

  • Fáiseche difícil falarlles a outros de Xehová?

  • Que lle axudou a Grayson a superar os seus medos?

É máis fácil serlle leal a Xehová cando amamos o que el ama e odiamos o que el odia. Lede Salmo 97:10 e logo comentade estas preguntas:

  • Polo que levas aprendido ata agora, cales son algunhas das cousas que Xehová ama? E cales son algunhas das que odia?

  • Como podes aprender a amar o que é bo e odiar o que é malo?

6. Obedecer a Xehová benefícianos

Obedecer a Xehová sempre é a mellor opción. Lede Isaías 48:17, 18 e logo comentade estas preguntas:

  • Cres que podemos confiar en que Xehová sempre sabe que é o mellor para nós? Por que?

  • Como te beneficiou ata agora estudar a Biblia e coñecer a Xehová, o Deus verdadeiro?

HAI QUEN DI: “A Deus non lle importa o que eu faga”.

  • Que texto usarías para demostrar que a Xehová si que lle afecta o que facemos?

RESUMO

Podes demostrar que amas a Xehová obedecéndoo e séndolle leal a pesar dos problemas.

Repaso

  • Que aprendiches do exemplo de Xob?

  • Que farás para demostrar o teu amor por Xehová?

  • Que che vai axudar a seguir sendo leal a Xehová?

Intenta isto

INVESTIGA

Descubre como podes ser leal a Xehová e á congregación.

“Ó que é leal ti demóstraslle lealdade” (16:49)

Aprende máis sobre a acusación que lanzou Satanás contra os humanos.

“Xob mantén a súa integridade” (La Biblia y su mensaje, sección 6)

Mira como tamén os máis novos poden demostrar o seu amor por Xehová.

Fai feliz a Xehová (8:16)

Como pode un rapaz manterse leal a Xehová cando outros lle insisten para facer algo que está mal?

Non sigas a maioría. Mantén os teus valores! (3:59)