LECCIÓN 27
Como nos pode salvar a morte de Xesús?
Pecamos, sufrimos e morremos porque a primeira parella humana, Adam e Eva, desobedeceu a Deus. a Pero non estamos sen esperanza. Xehová mandou o seu Fillo, Xesucristo, á Terra para que morrese por nós e así puidese liberarnos da maldición do pecado e a morte. A Biblia ensina que coa súa morte Xesús pagou un rescate. Un rescate é o prezo que se paga para liberar a alguén. O prezo que Xesús pagou foi o valor da súa vida humana perfecta (le Mateo 20:28). Ó renunciar de boa gana ó seu dereito de vivir para sempre na Terra, Xesús abriu o camiño para que puidésemos recuperar todo o que Adam e Eva perderan. Tamén demostrou canto nos queren el e mais Xehová. Esta lección axudarache a aumentar o teu agradecemento pola morte de Xesús.
1. Como nos pode beneficiar na actualidade a morte de Xesús?
Como somos pecadores, facemos moitas cousas que lle desagradan a Xehová. Pero se nos arrepentimos de verdade dos nosos pecados, lle pedimos a Xehová por medio de Xesús que nos perdoe e facemos todo o posible por non repetir eses erros, poderemos desfrutar dunha amizade moi estreita con Deus (1 Xoán 2:1). A Biblia di: “Cristo morreu unha vez polos vosos pecados, o xusto polos pecadores, para vos achegar a Deus” (1 Pedro 3:18).
2. Como nos poderá beneficiar no futuro a morte de Xesús?
Xehová enviou a Xesús para ofrecer a súa vida humana perfecta “para que todo o que cre nel non se perda, senón que teña vida eterna” (Xoán 3:16). Grazas ó que fixo Xesús, Xehová pronto reparará tódalas cousas malas que causou a desobediencia de Adam. Isto significa que se demostramos ter fe no sacrificio de Xesús, teremos a oportunidade de desfrutar da vida para sempre na Terra feita un paraíso! (Isaías 65:21-23).
AFONDA MÁIS
Aprende máis sobre por que Xesús deu a súa vida e analiza como te beneficia iso.
3. A morte de Xesús libéranos do pecado e da morte
Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:
-
Que oportunidade perdeu Adam cando desobedeceu a Deus?
Lede Romanos 5:12 e logo comentade esta pregunta:
-
Que efecto tivo o pecado de Adam na túa vida?
Lede Xoán 3:16 e logo comentade esta pregunta:
-
Por que mandou Xehová o seu Fillo á Terra?
-
Adam foi un home perfecto que desobedeceu a Deus e, por culpa diso, tódolos humanos pecamos e morremos
-
Xesús foi un home perfecto que obedeceu a Deus e, grazas a iso, tódolos humanos temos a oportunidade de ser perfectos e vivir para sempre
4. A morte de Xesús pode beneficiar a tódalas persoas
Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:
-
Como podería a morte dun só home beneficiar a todo o mundo?
Lede 1 Timoteo 2:5, 6 e logo comentade esta pregunta:
-
Adam foi un home perfecto pero, por culpa do seu pecado, tódolos humanos herdamos a imperfección e a morte. Xesús tamén foi un humano perfecto. Por que foi a súa morte un rescate equivalente e que conseguiu grazas a iso?
5. O rescate é un regalo que che fixo Xehová
Os amigos de Xehová ven o rescate como un regalo persoal. Para ver un exemplo, lede Gálatas 2:20 e logo comentade esta pregunta:
-
Como indicou o apóstolo Paulo que para el o rescate era como un regalo persoal?
Cando Adam pecou, condenouse a si mesmo e a tódolos seus descendentes a morte. Pero Xehová enviou o seu Fillo a morrer para que teñas a oportunidade de desfrutar da vida para sempre.
Segundo vaias lendo os seguintes versículos, imaxina como se debeu sentir Xehová ó ver sufrir o seu Fillo. Lede Xoán 19:1-7, 16-18 e logo comentade esta pregunta:
-
Como te sentes ó pensar no que fixeron Xehová e Xesús por ti?
ALGUÉN PODERÍA PREGUNTAR: “Como pode a morte dun só home salvar a tódalas persoas?”.
-
Ti que lle dirías?
RESUMO
A morte de Xesús puxo a base para que Xehová poida perdoar os nosos pecados e dános a oportunidade de desfrutar da vida para sempre.
Repaso
-
Por que morreu Xesús?
-
De que xeito foi a vida humana perfecta de Xesús un rescate equivalente?
-
Como te pode beneficiar a ti a morte de Xesús?
INVESTIGA
Aprende por que se lle chama rescate á vida humana perfecta de Xesús.
“Por que o sacrificio de Xesús é un ‘rescate por todos’?” (Artigo web)
Descubre que necesitamos para salvarnos.
Pode perdoar Xehová incluso os pecados graves?
Mira como aprender sobre o sacrificio de Xesús lle axudou a un home a transformar a súa personalidade.
a O pecado non só se refire á acción de facer algo que está mal. Tamén se refire á condición imperfecta que herdamos, é dicir, a tendencia a facer cousas malas.