LECCIÓN 14
Como pode agradarlle a Deus a nosa adoración?
Como vimos na lección anterior, non tódalas relixións lle agradan a Deus. Pero podemos adorar o noso Creador dunha maneira que o faga feliz. Cal é a relixión que lle agrada? (Santiago 1:27) Mira o que ensina a Biblia.
1. En que debería basearse a nosa adoración?
A nosa adoración debería basearse na Biblia. Xesús díxolle a Deus: “A túa palabra é verdade” (Xoán 17:17). Algunhas relixións pasan por alto a verdade que se atopa na Biblia, a Palabra inspirada de Deus, e cámbiana por ensinanzas e tradicións humanas. Pero a Xehová non lle agradan os que desobedecen as súas normas (le Marcos 7:9). Por outro lado, facémolo moi feliz cando baseamos a nosa adoración na Biblia e seguimos os seus consellos.
2. Como debemos adorar a Xehová?
Xehová é o noso Creador e merece devoción exclusiva (Apocalipse 4:11). Isto significa que temos que amalo e adoralo só a el, sen usar ídolos nin imaxes (le Isaías 42:8).
O noso xeito de adoralo ten que ser “santo, grato a Deus” (Romanos 12:1). Isto quere dicir que debemos vivir de acordo coas súas normas morais. Por exemplo, os que aman a Xehová valoran e obedecen as súas normas sobre o matrimonio. Ademais, tamén evitan hábitos prexudiciais coma fumar, abusar do alcohol ou consumir drogas. a
3. Por que debemos adorar a Xehová xunto con outras persoas?
As reunións que temos cada semana dannos a oportunidade de louvar a Xehová na congregación (Salmo 111:1, 2). Unha maneira de facelo é cantándolle a Deus (le Salmo 104:33). Xehová pídenos que vaiamos ás reunións porque nos quere moito e sabe que nos axudarán a desfrutar da vida para sempre. Cando nos xuntamos, animamos a outros e tamén nos animan a nós.
AFONDA MÁIS
Examina por que Xehová non aproba o uso de imaxes ou ídolos na adoración. Aprende algunhas maneiras importantes nas que podes louvar a Deus.
4. Non debemos usar imaxes na nosa adoración
Por que sabemos que facer iso non lle agradaría a Deus? Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:
-
Que pasou cando algúns servos de Deus de tempos bíblicos intentaron adoralo usando unha imaxe?
Algúns intentan sentirse máis preto de Deus usando imaxes na súa adoración. Pero, podería facer isto que Deus se apartase deles? Lede Éxodo 20:4-6 e Salmo 106:35, 36 e logo comentade estas preguntas:
-
Que obxectos ou imaxes lles viches usar a outras persoas na súa adoración?
-
Como se sente Deus cando se usan imaxes?
-
Que pensas ti sobre o uso de imaxes?
5. Adorar só a Deus libéranos de ideas falsas
Mira de que xeito pode liberarnos de ideas falsas adorar a Xehová como el quere. Poñede o VÍDEO.
Lede Salmo 91:14 e logo comentade esta pregunta:
-
Que promete facer Xehová por nós se lle demostramos o noso amor adorándoo só a el?
6. Adoramos a Deus nas reunións de congregación
Cando cantamos e comentamos nas reunións, louvamos a Xehová e fortalecémonos uns ós outros. Lede Salmo 22:23 (22:22, TNM) e logo comentade estas preguntas:
-
Gústache escoitar os comentarios que se fan nas reunións?
-
Gustaríache prepararte para dar un comentario?
7. A Xehová gústalle que falemos con outros do que aprendemos
Hai moitas maneiras de falar das verdades da Biblia con outros. Lede Salmo 9:2 (9:1, TNM) e 34:2 (34:1, TNM) e logo comentade esta pregunta:
-
Que cousas das que aprendiches na Biblia che gustaría contarlles a outros?
HAI QUEN DI: “A Deus dálle igual como o adoremos, o importante é non facerlle mal a ninguén”.
-
Ti que pensas?
RESUMO
Agradámoslle ó noso Creador cando o adoramos só a el, cando o louvamos nas reunións e cando lles falamos a outros do que aprendemos.
Repaso
-
Como podemos aprender a adorar a Deus como el quere?
-
Por que debemos adorar só a Xehová?
-
Por que debemos adorar a Deus xunto con outros?
INVESTIGA
No relato “Xa non son escrava dos ídolos”, le como unha muller conseguiu liberarse da adoración ós ídolos.
Aprende que che pode axudar a comentar nas reunións de congregación.
“Louvemos a Xehová na congregación” (La Atalaya, xaneiro 2019)
Mira como un mozo se beneficiou de ir ás reunións de congregación, aínda que non lle foi fácil.
Moitas persoas relacionan a cruz co cristianismo. Pero, debemos usala na nosa adoración?
“Por que non usan a cruz as testemuñas de Xehová?” (Artigo web)
a Estes temas analizaranse en próximas leccións.