LECCIÓN 13
A relixión falsa deshonra a Deus
Se Deus é amor, por que as relixións que din representalo fixeron tanto mal? Para explicalo de maneira sinxela: son relixións falsas que deshonran a Deus. Como o deshonran? Como se sente Deus? E que fará ó respecto?
1. Como deshonra a Deus a relixión falsa coas súas ensinanzas?
As relixións falsas cambiaron “o Deus verdadeiro por un falso” (Romanos 1:25). Por exemplo, a maioría das relixións non ensinaron cal é o nome de Deus. Pero a Biblia di que debemos usalo (Romanos 10:13, 14). Cando hai unha desgraza, algúns líderes relixiosos din que é a vontade de Deus. Pero iso é mentira, Deus nunca fai que pasen cousas malas (le Santiago 1:13). Que triste que a xente se aparte de Deus por culpa das mentiras relixiosas!
2. Como deshonra a Deus a relixión falsa coas súas accións?
As relixións falsas non tratan a xente como quere Xehová. A Biblia di sobre a relixión falsa: “Os seus pecados fóronse amoreando ata o ceo” (Apocalipse 18:5). Durante séculos as relixións metéronse en política, apoiaron guerras e causaron ou aprobaron a morte de moitísima xente. Algúns líderes relixiosos queren levar unha vida chea de luxos e, para conseguilo, pídenlles cartos ós seus seguidores. Estas cousas demostran que nin coñecen a Deus nin moito menos teñen dereito a representalo (le 1 Xoán 4:8).
3. Como se sente Deus coa relixión falsa?
Se che molestan as cousas que fan as relixións falsas, como cres que se sentirá Xehová? El ama as persoas. Pero está anoxado cos líderes relixiosos que o deshonran e que tratan mal os seus seguidores. Promete que a relixión falsa será destruída e que “non a atoparán máis” (Apocalipse 18:21). Pronto Deus acabará con tódalas relixións falsas (Apocalipse 18:8).
AFONDA MÁIS
Sigue analizando como se sente Deus coas relixións falsas. Aprende máis sobre o que fixeron e por que iso non che debería impedir que coñezas mellor a Xehová.
4. Deus non aproba tódalas relixións
Moitas persoas pensan que as relixións son diferentes camiños para achegarse a Deus. É certo iso? Lede Mateo 7:13, 14 e logo comentade esta pregunta:
-
Como describe a Biblia o camiño que leva á vida?
Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:
-
Polo que di a Biblia, hai moitas relixións que lle agraden a Deus?
5. A relixión falsa non reflicte o amor de Deus
As relixións deshonraron a Deus de moitas maneiras. Unha das peores foi a súa implicación nas guerras. Para ver un exemplo, poñede o VÍDEO. Logo comentade estas preguntas:
-
Que postura adoptaron moitas relixións durante a Segunda Guerra Mundial?
-
Que pensas do seu papel?
Lede Xoán 13:34, 35 e 17:16. Logo comentade estas preguntas:
-
Como cres que se sente Deus cando as relixións se implican nas guerras?
-
A relixión falsa é a responsable de moitas cousas malas. De que maneiras viches que as relixións non reflectiron o amor de Deus?
6. Deus quere axudar á xente a saír da relixión falsa
Lede Apocalipse 18:4 a e logo comentade esta pregunta:
-
Como te sentes ó saber que Deus quere salvar cada unha das persoas que foron enganadas pola relixión falsa?
7. Sigue aprendendo sobre o Deus verdadeiro
Deberían influír as relixións falsas na túa forma de ver a Deus? Imaxina un fillo que non quere seguir a sabia dirección do seu pai. Marcha da casa e bótase a perder. O pai non aproba o que fai o fillo. Por que non sería xusto culpar o pai polas cousas que fai o seu fillo rebelde?
-
Sería xusto culpar a Xehová e deixar de aprender sobre el por culpa do que fan as relixións falsas?
HAI QUEN DI: “Non quero saber nada de Deus porque as relixións teñen a culpa de moitos problemas”.
-
Ti tamén pensas así?
-
Por que non deberían influír na túa forma de ver a Xehová as cousas que fan as relixións falsas?
RESUMO
As relixións falsas deshonraron a Deus coas súas ensinanzas falsas e as súas terribles accións. Deus vainas destruír.
Repaso
-
Que pensas sobre as ensinanzas e as accións das relixións falsas?
-
Como se sente Xehová coas relixións falsas?
-
Que fará Deus coas relixións falsas?
INVESTIGA
Aprende de que dous xeitos lle desagradan a Deus a maioría das relixións.
“Son tódalas relixións iguais? Levan todas a Deus?” (Artigo web)
Por que quere Xehová que o adoremos xunto con outras persoas?
“É necesario pertencer a unha relixión organizada?” (Artigo web)
A un sacerdote preocupábanlle algunhas cousas da súa relixión. Pero non deixou que iso lle impedise aprender a verdade sobre Deus.
Durante centos de anos, as relixións contaron mentiras que fixeron que a xente vise a Deus como alguén distante e cruel. Aprende a verdade sobre tres desas mentiras.
“Mentiras que nos apartan de Deus” (La Atalaya, 1 novembro 2013)