Sección 1 | Repaso
Comenta estas preguntas co teu mestre:
Que é o que máis che gusta das promesas da Biblia para o futuro?
(Mira a lección 02)
Por que cres que a Biblia é a Palabra de Deus?
(Mira as leccións 03 e 05)
Por que é importante usar o nome de Deus, Xehová?
(Mira a lección 04)
A Biblia di sobre Deus: “Está en ti a fonte da vida” (Salmo 36:10 [36:9, TNM]). Cres que é certo?
(Mira a lección 06)
Le Proverbios 3:32.
Por que Xehová é o mellor amigo que podemos ter?
Que espera Xehová dos seus amigos? Pensas que o que pide é razoable?
(Mira as leccións 07 e 08)
Le Salmo 62:9 (62:8, TNM).
Cales son algunhas das cousas sobre as que lle oraches a Xehová? Sobre que outras cousas lle poderías orar?
Como contesta Xehová as oracións?
(Mira a lección 09)
Le Hebreos 10:24, 25.
Como che poden axudar as reunións das Testemuñas de Xehová?
Pensas que vale a pena esforzarse por ir ás reunións?
(Mira a lección 10)
Por que é bo ler a Biblia con regularidade? Cal é o teu programa diario de lectura da Biblia?
(Mira a lección 11)
Que é o que máis che gustou do que levas aprendido no curso da Biblia?
Dende que empezaches a estudar a Biblia, atopácheste con algún desafío? Cal? Que che pode axudar a seguir estudando?
(Mira a lección 12)