Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 10

Como che poden axudar as reunións das Testemuñas de Xehová?

Como che poden axudar as reunións das Testemuñas de Xehová?

Algunha vez te invitaron a unha reunión das Testemuñas de Xehová? Se inda non fuches a ningunha, poida que te poña un pouco nervioso pensar en ir por primeira vez. Se cadra pregúntaste: “Como son esas reunións? Por que son importantes? Por que debería ir?”. Nesta lección, vas aprender que xuntarte con outras persoas pode achegarte máis a Xehová e axudarche na túa vida persoal.

1. Por que nos xuntamos as testemuñas de Xehová?

Fíxate no que dixo un escritor da Biblia sobre cal é a razón máis importante para xuntarnos: “Nas asembleas bendigo ó Señor” (Salmo 26:12). Do mesmo xeito, as testemuñas de Xehová tamén desfrutamos moito de xuntarnos para louvar a Deus, cantar e orar. Por iso, por todo o mundo, reunímonos varias veces á semana en grupos chamados congregacións. Ademais, varias veces ó ano tamén nos xuntamos en reunións máis grandes para adorar a Deus.

2. Que vas aprender nas nosas reunións?

Nas reunións ensínase o que di a Palabra de Deus e explícase con claridade o seu contido (le Nehemías 8:8). Nelas aprenderás sobre Xehová e as súas marabillosas calidades. E canto máis aprendas sobre o moito que te quere máis te achegarás a el. Ademais tamén vas descubrir como che pode axudar a ter unha vida con sentido (Isaías 48:17, 18).

3. Como te pode beneficiar xuntarte con outros nas reunións?

Xehová aconséllanos que esteamos pendentes uns dos outros “de xeito que nos sirvamos de estímulo para o amor e para as boas obras” e que non faltemos ás reunións (Hebreos 10:24, 25). Nas nosas reunións coñecerás xente que de verdade se preocupa polos demais e que, coma ti, tamén queren aprender máis sobre Deus. Escoitaralos falar sobre cousas animadoras que aprenderon na Biblia (le Romanos 1:11, 12). Tamén coñecerás persoas que son felices aínda que estean a afrontar problemas. Estas son só algunhas das razóns polas que Xehová quere que nos xuntemos regularmente.

AFONDA MÁIS

Descubre como son as reunións das Testemuñas de Xehová e por que é bo que nos esforcemos por ir a elas.

4. As reunións das Testemuñas de Xehová

No primeiro século os cristiáns xuntábanse regularmente para adorar a Xehová (Romanos 16:3-5). Lede Colosenses 3:16 e logo comentade esta pregunta:

  • Como adoraban a Xehová os primeiros cristiáns?

Na actualidade, as testemuñas de Xehová tamén se xuntan con regularidade nos seus lugares de culto. Para ver como son estas reunións, poñede o VÍDEO. Logo mirade o debuxo da reunión de congregación e comentade estas preguntas:

  • Que parecidos ves entre o que pasa nun Salón do Reino e o que di Colosenses 3:16?

  • Viches no vídeo ou no debuxo algo máis sobre as reunións que che guste?

Lede 2 Corintios 9:7 e logo comentade esta pregunta:

  • Por que as Testemuñas de Xehová non piden cartos nas súas reunións?

Mirade xuntos de que se vai falar nunha das reunións desta semana.

  • Que parte da reunión che parece máis interesante ou práctica?

Sabíalo?

En jw.org podes atopar onde e cando teñen lugar as nosas reunións en todo o mundo.

  1. As nosas reunións inclúen discursos, vídeos e preparación para predicar e ensinar. Cada reunión comeza e remata cunha canción e unha oración

  2. Nalgunhas partes do programa invítase ós asistentes a participar

  3. Todo o mundo é benvido, homes, mulleres, nenos e maiores

  4. As nosas reunións son gratuítas. Non se cobra entrada e nunca se fan colectas

5. Ir ás reunións implica esforzo

Pensa no exemplo da familia de Xesús. Para ir a unha celebración anual tiñan que camiñar uns 100 km dende Nazaret ata Xerusalén por unha zona montañosa. Lede Lucas 2:39-42 e logo comentade estas preguntas:

  • Pensas que implicaba esforzo facer esa viaxe ata Xerusalén?

  • Por que é posible que teñas que esforzarte para ir ás reunións?

  • Pensas que paga a pena? Por que?

A Biblia di que é moi importante xuntarse para adorar a Xehová. Lede Hebreos 10:24, 25 e logo comentade esta pregunta:

  • Por que deberiamos ir ás reunións regularmente?

HAI QUEN DI: “Non fai falta que te xuntes con outros para adorar a Deus, chega con que leas a Biblia na casa”.

  • Que texto ou exemplo da Biblia nos ensina o que quere Xehová?

RESUMO

Ir ás reunións axudarache a aprender máis sobre Xehová, a facer máis forte a túa amizade con el e a adoralo xunto a outras persoas.

Repaso

  • Por que nos anima Xehová a reunirnos?

  • Que vas aprender nas reunións das Testemuñas de Xehová?

  • De que outros xeitos pensas que che pode axudar ir ás reunións?

Intenta isto

INVESTIGA

Ponte nervioso pensar en ir a unha reunión? Mira por que un home que se sentía así chegou a desfrutar moito delas.

Sempre lembraremos aquel saúdo (4:16)

Descubre por que lle chegaron a gustar tanto as reunións a un mozo e que fixo para seguir indo.

Gustáronme moito as reunións (4:33)

Aprende o que pensan outras persoas sobre ir ás reunións.

“Por que debería ir ás reunións no Salón do Reino?” (Artigo web)

Descubre como ir a unha reunión das Testemuñas de Xehová lle cambiou a vida a un home que pertencía a unha banda violenta.

“Non ía a ningún sitio sen a miña pistola” (La Atalaya, 1 xullo 2014)