Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 06

Como empezou a vida?

Como empezou a vida?

A Biblia di sobre Deus: “Está en ti a fonte da vida” (Salmo 36:10 [36:9, TNM]). Cres que iso é certo? Algunhas persoas pensan que a vida apareceu por unha serie de sucesos aleatorios, que ninguén a creou. Se fose así, entón só existiriamos por casualidade. Pero se foi Xehová Deus quen a creou, entón todo tería un propósito, non si? a Imos analizar o relato da Biblia sobre a orixe da vida, e tamén por que hai boas razóns para crer que é certo.

1. Como chegou a existir o Universo?

A Biblia di: “No principio creou Deus o ceo e a terra” (Xénese 1:1). A maioría dos científicos están de acordo en que o Universo tivo un principio. Como o creou Deus? Usou o seu espírito santo para crear todo o que hai nel, incluídas as galaxias, as estrelas e os planetas (Xénese 1:2, nota).

2. Por que creou Deus a Terra?

Xehová “non a creou coma un caos, formouna para ser habitada” (Isaías 45:18). Fixo o noso planeta para que fose un fogar cómodo e permanente para os humanos (le Isaías 40:28; 42:5). A ciencia di que a Terra é única: é o único planeta coñecido que ten as condicións necesarias para a vida humana.

3. Que fai que os humanos sexan distintos dos animais?

Despois de facer a Terra, Xehová creou vida nela. Primeiro encheuna de plantas e animais. Logo, “creou Deus o home á súa imaxe” (le Xénese 1:27). Que fai que os humanos sexamos especiais? Como fomos creados á imaxe de Deus, podemos reflectir as súas calidades, como o amor e a xustiza. Tamén nos creou coa capacidade de aprender idiomas, apreciar a arte e desfrutar da música. E a diferenza dos animais, podemos adorar o noso Creador.

AFONDA MÁIS

Analiza as probas de que a vida tivo un deseñador e de que o relato da Biblia sobre a creación é lóxico. Aprende o que nos ensinan sobre Deus as calidades que temos os humanos.

4. A vida foi deseñada

As persoas obteñen recoñecemento por deseñar algo que copiaron da natureza. Pero, quen leva o crédito polos orixinais? Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:

  • Que cousas copiaron da natureza os deseñadores humanos?

Tódalas casas foron deseñadas e construídas por alguén. Pero, quen deseñou e construíu todo o que hai na natureza? Lede Hebreos 3:4 e logo comentade estas preguntas:

  • Que deseños da natureza che chaman máis a atención?

  • É lóxico crer que o Universo e todo o que hai nel tiveron un deseñador? Por que?

Sabíalo?

Podes atopar artigos e vídeos sobre este tema en jw.org, nas series “Deseñouno alguén?” e “Opinións sobre a orixe da vida”.

“Porque toda casa ten un constructor, pero o que constrúe todo é Deus”

5. O relato da Biblia sobre a creación é lóxico

No capítulo 1 da Xénese a Biblia explica a orixe da Terra e da vida que hai nela. Pensas que se pode confiar neste relato? Ou será só un conto? Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:

  • Ensina a Biblia que Deus creou a Terra e a vida que hai nela en seis días de 24 horas?

  • Pensas que o relato da Biblia sobre a creación é lóxico e razoable? Por que pensas así?

Lede Xénese 1:1 e logo comentade esta pregunta:

  • Os científicos din que o Universo tivo un principio. Como encaixa isto co que acabas de ler na Biblia?

Hai quen se pregunta se Deus usou a evolución para crear a vida. Lede Xénese 1:21, 25, 27 e logo comentade estas preguntas:

  • Ensina a Biblia que Deus creou unha forma de vida simple e deixou que fose evolucionando ata dar lugar ós peixes, ós mamíferos e ós humanos? Ou creou tódalas especies de seres vivos? b

6. Os humanos somos unha creación especial de Deus

Aínda que Xehová creou os humanos e os animais, hai cousas que nos diferencian. Lede Xénese 1:26 e logo comentade esta pregunta:

  • Os humanos podemos mostrar amor e compaixón. Xa que fomos creados á imaxe de Deus, que nos di isto sobre a súa personalidade?

HAI QUEN DI: “O que di a Biblia sobre a creación é un conto”.

  • Ti que pensas? Por que?

RESUMO

Xehová creou o Universo e tódalas formas de vida.

Repaso

  • Que ensina a Biblia sobre a orixe do Universo?

  • Deixou Deus que as diferentes especies evolucionasen a partir dunha forma de vida simple, ou creounas todas?

  • Que fai que os humanos sexamos especiais?

Intenta isto

INVESTIGA

Descubre exemplos da natureza que demostran que hai un deseñador.

“Que nos ensina a natureza?” (¡Despertad!, setembro 2006)

Mira como un pai lle explica ó seu fillo o relato da Biblia sobre a creación.

“Xehová fixo tódalas cousas” (2:37)

A vida foi creada ou apareceu por casualidade? Examina o que indican os experimentos científicos e o rexistro fósil.

A orixe da vida. Cinco preguntas que merecen resposta (Folleto)

a A lección 25 falará do propósito de Deus para os humanos.

b A Biblia usa a palabra especie como sinónimo de xénero e dálle un significado máis amplo do que lle dan os científicos.