Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 05

A Biblia é a mensaxe de Deus para nós

A Biblia é a mensaxe de Deus para nós

Xehová deunos un regalo marabilloso: a Biblia, un conxunto de 66 libros recollidos nun só volume. Pero poida que te preguntes: “De onde saíu a Biblia? Quen é o seu autor?”. Para responder estas preguntas imos ver como chegou ata nós a mensaxe de Deus que contén a Biblia.

1. Se a Biblia foi escrita por homes, por que dicimos que Deus é o seu autor?

A Biblia foi escrita por uns 40 homes durante un período duns 1600 anos, dende o ano 1513 a. n. e. ata o ano 98 n. e. Os escritores eran moi diferentes uns dos outros. Por exemplo, algúns eran pastores, outros pescadores e outros reis. Aínda así, as distintas partes da Biblia non se contradín. Como pode ser iso? Porque en realidade o autor da Biblia é Deus (le 1 Tesalonicenses 2:13). Os escritores non rexistraron o que eles pensaban. Máis ben, “falaron de parte de Deus, levados polo Espírito Santo” (2 Pedro 1:21). a Deus usou o espírito santo para inspiralos ou motivalos a escribir o que el pensaba (2 Timoteo 3:16).

2. Quen ten acceso á Biblia?

“Tódalas nacións, razas, linguas e pobos” poden beneficiarse das boas noticias que aparecen na Biblia (le Apocalipse 14:6). Deus asegurouse de que a Biblia estea dispoñible en máis idiomas que calquera outro libro da historia. Case tódalas persoas teñen acceso á Biblia, sen importar onde vivan ou o idioma que falen.

3. Que perigos afrontou a Biblia e que fixo Xehová para protexela?

A Biblia foi escrita en materiais perecedoiros, coma o coiro ou o papiro. Pero algúns homes que valoraban moito a Biblia copiárona á man con moito coidado unha e outra vez. Inda que houbo xente con moito poder que intentou acabar con ela, outras persoas estiveron dispostas a arriscar a súa vida para protexela. Xehová non permitiu que nada nin ninguén lle impedise comunicarse con nós. A Biblia di: “A palabra do noso Deus mantense firme para sempre” (Isaías 40:8).

AFONDA MÁIS

Aprende máis sobre como Deus inspirou algúns homes para que escribisen a Biblia, e que fixo para conservala e para que estea dispoñible para todo o mundo.

4. A Biblia dá a coñecer quen é o seu autor

Poñede o VÍDEO. Logo lede 2 Timoteo 3:16 e comentade estas preguntas:

  • Se foron homes os que escribiron a Biblia, por que se lle chama a Palabra de Deus?

  • Pensas que ten lóxica crer que Deus lles transmitiu os seus pensamentos a escritores humanos?

Inda que o secretario escriba a carta, a mensaxe vén da persoa que lla ditou. Do mesmo xeito, os humanos escribiron a Biblia, pero a súa mensaxe vén de Deus

5. A Biblia sobreviviu ós ataques

Se a Biblia vén de Deus, o normal sería esperar que el a protexese. Ó longo da historia, houbo homes con moito poder que intentaron destruíla, e líderes relixiosos que non querían que a xente a lese. Pero a pesar da oposición e as ameazas de morte, moitas persoas arriscaron a súa vida para protexer a Biblia. Para saber máis dun destes homes, poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:

  • Tes máis ganas de ler a Biblia despois de saber todo o que se fixo para conservala? Por que?

Lede Salmo 119:97 e logo comentade esta pregunta:

  • Que motivou a moita xente a arriscar a súa vida por traducir e distribuír a Biblia?

6. Un libro para todo o mundo

A Biblia é o libro máis traducido e distribuído da historia. Lede Feitos 10:34, 35 e logo comentade estas preguntas:

  • Por que quere Deus que a súa Palabra se traduza e distribúa a tan grande escala?

  • Que é o que máis che gusta da Biblia?

Case o

100%

da poboación mundial

ten acceso á Biblia nun idioma que entende

Dispoñible en máis de

3000

idiomas

completa ou en parte

5.000.000.000

Número estimado de copias producidas,

moitas máis que calquera outro libro

HAI QUEN DI: “A Biblia é só un libro moi vello escrito por humanos”.

  • Ti que pensas?

  • Que probas indican que a Biblia é a Palabra de Deus?

RESUMO

A Biblia é a Palabra de Deus e el asegurouse de facela dispoñible para todo o mundo.

Repaso

  • Que significa que Deus inspirase algúns homes para que escribisen a Biblia?

  • Que che chama a atención sobre a supervivencia, tradución e distribución da Biblia?

  • Como te sentes ó saber que Deus se esforzou tanto para comunicarse contigo?

Intenta isto

INVESTIGA

Le sobre a historia da Biblia: dende os manuscritos máis antigos ata as traducións modernas.

“Como nos chegou a Biblia” (¡Despertad!, novembro 2007)

Aprende como sobreviviu a Biblia a tres grandes ameazas que puxeron en perigo a súa existencia.

“A Biblia. Unha historia de supervivencia” (La Atalaya, núm. 4 2016)

Mira como arriscaron a súa vida algunhas persoas para traducir a Biblia.

Sabían do valor da Biblia (14:26)

A Biblia copiouse e traduciuse moitas veces. Por que podes estar seguro de que non se cambiou a súa mensaxe?

“Cambiouse ou manipulouse a Biblia?” (Artigo web)

a Como veremos na lección 7, o espírito santo é a forza activa de Deus.