LECCIÓN 01
Como pode axudarche a Biblia?
Case todos temos preguntas sobre a vida, o sufrimento, a morte e o futuro. Tamén nos preocupamos polo día a día, por exemplo, por como imos gañarnos a vida e por como podemos ter unha familia feliz. Moitas persoas decátanse de que a Biblia non só lles axuda a responder as grandes preguntas da vida, senón que tamén lles dá consellos prácticos para o día a día. E ti, pensas que a Biblia pode axudar as persoas?
1. Cales son algunhas das preguntas que responde a Biblia?
A Biblia anímanos a buscar a resposta a preguntas importantes, como por exemplo: Como empezou a vida? Por que sofren os inocentes? Que pasa cando alguén morre? Se todos buscan a paz, por que hai tantas guerras? Que pasará co noso planeta no futuro? Cal é o sentido da vida? Millóns de persoas descubriron que a Biblia responde esas preguntas e que as súas respostas son convincentes.
2. Como pode axudarche a Biblia a desfrutar da vida?
A Biblia dános bos consellos. Por exemplo, ensínanos como ter unha familia realmente feliz, como manexar o estrés e como desfrutar do traballo. Mentres analizamos este manual xuntos, aprenderás o que ensina a Biblia sobre estes temas e outros moitos. Ti mesmo chegarás á conclusión de que “toda a Escritura”, é dicir, todo o que di a Biblia, “é útil” (2 Timoteo 3:16).
Este manual non substitúe a Biblia, máis ben anímate a examinala por ti mesmo. Polo tanto, sería moi bo que leses tódolos textos da Biblia que aparecen nas leccións e que os comparases co que vas aprendendo.
AFONDA MÁIS
Descubre como axudou a Biblia a outras persoas, que podes facer para desfrutar de lela e por que é bo que alguén che axude a entendela.
3. A Biblia pode guiarnos
A Biblia é como unha potente luz que nos ensina a tomar boas decisións e nos axuda a ver o que temos por diante.
Lede Salmo 119:105 e logo comentade estas preguntas:
-
Que pensaba da Biblia o escritor deste salmo?
-
Que pensas ti da Biblia?
4. A Biblia pode responder as nosas preguntas
Unha muller descubriu que a Biblia contestaba as preguntas que se levaba facendo moitos anos. Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:
-
Que tipo de preguntas tiña a muller do vídeo?
-
Como lle axudou estudar a Biblia?
A Biblia anímanos a facernos preguntas. Lede Mateo 7:7 e logo comentade esta pregunta:
-
Que preguntas tes que podería responder a Biblia?
5. Podes desfrutar lendo a Biblia
Moitas persoas desfrutan lendo a Biblia e sacan proveito de facelo. Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:
-
Que pensan os mozos do vídeo sobre a lectura?
-
Por que non pensan o mesmo sobre ler a Biblia?
A Biblia di que a súa guía pode darnos consolo e esperanza. Lede Romanos 15:4 e logo comentade esta pregunta:
-
Gustaríache saber máis sobre o consolo e a esperanza que nos promete a Biblia?
6. Outras persoas poden axudarnos a entender a Biblia
Ademais de ler a Biblia pola súa conta, moitos descubriron que tamén lles é útil falar dela con outros. Lede Feitos 8:26-31 e logo comentade esta pregunta:
-
Que podemos facer para entender a Biblia? (Ver os versículos 30 e 31).
HAI QUEN DI: “Estudar a Biblia é unha perda de tempo”.
-
Ti que dirías? Por que?
RESUMO
A Biblia dá consellos para o día a día, responde preguntas importantes, e dálles consolo e esperanza ás persoas.
Repaso
-
Que clase de consellos podemos atopar na Biblia?
-
Cales son algunhas das preguntas que contesta a Biblia?
-
Que che gustaría aprender da Biblia?
INVESTIGA
Descubre por que os consellos da Biblia son prácticos na actualidade.
Mira como lle axudou a Biblia a un home que loitou contra os seus sentimentos dende pequeno.
Analiza os consellos que dá a Biblia para as familias.
“12 claves para unha familia feliz” (Despertade!, núm. 2 2018)
Aprende como aclara a Biblia unha idea errónea moi habitual sobre quen goberna en realidade o mundo.