Introdución á sección 1
A Biblia comeza co relato da creación para que reparemos na beleza de todo o que fixo Xehová no ceo e mais na terra. Se tes fillos, axuda ó teu pequeno a observar a abraiante diversidade que existe. Destaca que Deus creou os humanos moi superiores ós animais dándonos, por exemplo, a capacidade de falar, pensar, inventar, cantar ou orar. Axúdalle a valorar o poder e a sabedoría divinas, así como o amor que sente pola Súa creación, incluídos cada un de nós.
NESTA SECCIÓN
CAPÍTULO 1
Deus crea o ceo e a terra
A Biblia di que Deus creou o ceo e a terra. Sabías que antes de facer todo o demais creou un anxo? Sabes por que?
CAPÍTULO 2
Deus crea o primeiro home e a primeira muller
Deus creou o primeiro home e a primeira muller no xardín de Edén. Quería que formasen unha familia e que convertesen toda a terra nun paraíso.