LECCIÓN 7
Sénteste algunha vez só e asustado?
Mira o neno do debuxo. Parece que se sente só e ten medo, verdade? Algunha vez sentícheste así?— Todos nos sentimos así de vez en cando. A Biblia fala dalgúns amigos de Xehová que tamén se sentiron sós e asustados. Un deles foi Elías. Aprendamos un pouquiño máis acerca del.
Elías viviu en Israel hai moito tempo, antes de que Xesús nacese. Acab, o rei de Israel, non adoraba o Deus verdadeiro, Xehová. Acab e a súa muller, Iezabel, eran adoradores dun deus falso chamado Baal. Por iso moita xente en Israel tamén comezou a adorar a Baal. A raíña Iezabel era moi mala e quixo matar a toda a xente que adoraba a Xehová, incluíndo a Elías! Sabes o que fixo Elías?—
Elías saíu correndo! Foise esconder nunha cova que había no medio do deserto.
Por que cres que fixo iso?— Si, porque tiña moito medo. Pero Elías non tiña por que estar tan asustado. Por que? Porque sabía que Xehová o podía axudar. De feito, Xehová xa lle mostrara antes o Seu poder. Unha vez, Xehová respondeu unha oración de Elías enviando lume dende o ceo. Así que seguro que Xehová tamén o axudaría nesta ocasión!Mentres Elías estaba na cova, Xehová preguntoulle: “Que fas aí?”. Elías contestou: “Eu son o único que aínda te serve. Estou completamente só e teño medo de que me maten”. Elías pensaba que tódolos outros adoradores de Xehová morreran. Pero Xehová díxolle a Elías: “Non, iso non é certo. Hai outros sete mil que aínda me adoran. Sé valente. Aínda teño máis traballo para ti!”. Pensas que Elías se alegrou cando Xehová lle dixo isto?—
Que podes aprender do que lle pasou a Elías?— Que non tes por que sentirte só ou ter medo. Tes amigos que queren a Xehová e tamén te queren a ti. Ademais, como Xehová ten moito poder, sempre te vai axudar! Non estás contento de saber que nunca estarás completamente só?—
MÍRAO NA TÚA BIBLIA
-
1o Reis 19:3-18
-
Salmo 145:18
-
1a Pedro 5:9