Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 87

Ven á reunión!

Ven á reunión!

(Hebreos 10:24, 25)

  1. 1. Vivimos nun mundo perdido, sen fe,

    distante da luz de Xehová.

    Mais nós procuramos a guía que dá,

    sen El non podemos andar.

    Con cada xuntanza da congregación

    crecemos en fe, en amor.

    Collemos alento, gañamos valor,

    as forzas que dá o Señor.

    A nosa herdanza, as súas leis son,

    que sempre habemos gardar.

    Sabemos que grazas ás nosas reunións

    seremos amigos do Pai.

  2. 2. Mellor ca ninguén nos coñece Xehová,

    deixémonos aconsellar.

    Por iso habemos estar cos irmáns,

    reunirnos, e d’El escoitar.

    Os nosos pastores traballan por nós,

    a Biblia ensínannos ben.

    Contamos con moitos irmáns a carón,

    dispostos a nos socorrer.

    Namentres non chega un mundo mellor

    xuntiños habemos estar.

    Felices de ter unha congregación

    que moito cariño nos dá.

(Ver tamén Sal. 37:18; 140:2 [140:1, NM]; Pr. 18:1; Ef. 5:16; Sant. 3:17.)