Ir ó contido

Ir ó índice

Canción 146

Fixéstelo por min

Fixéstelo por min

Descargar:

(Mateo 25:34-40)

  1. Cos irmáns de Xesús, serven fieis man a man

    as ovellas que son do outro curral.

    Cada cousa que fan

    a un destes por ben,

    el tena en conta, non vai esquecer.

    (REFRÁN)

    “Ó facerlles un ben, tamén foi por min.

    Ó mostrarlles amor, eu mesmo o sentín.

    Ó darlles a man, axudástesme a min.

    Tratástelos ben, eu mesmo o sentín.

    Ó facerlles un ben, tamén foi por min”.

  2. “Cando vos precisei, acolléstesme, si;

    tiven auga e pan sen volo pedir”.

    “Non sabemos, Xesús,

    que fixésemos tal”.

    Entón, con cariño, el responderá:

    (REFRÁN)

    “Ó facerlles un ben, tamén foi por min.

    Ó mostrarlles amor, eu mesmo o sentín.

    Ó darlles a man, axudástesme a min.

    Tratástelos ben, eu mesmo o sentín.

    Ó facerlles un ben, tamén foi por min”.

  3. “Sempre fostes leais, sen cansar no labor,

    xunto cos meus irmáns, con chuvia, con sol”.

    Ós da súa dereita,

    entón o Rei di:

    “Gozade da terra, da vida sen fin”.

    (REFRÁN)

    “Ó facerlles un ben, tamén foi por min.

    Ó mostrarlles amor, eu mesmo o sentín.

    Ó darlles a man, axudástesme a min.

    Tratástelos ben, eu mesmo o sentín.

    Ó facerlles un ben, tamén foi por min”.

(Ver tamén Pr. 19:17; Mt. 10:40-42; 2 Tim. 1:16, 17.)