Configuración de privacidade

Para que teñas a mellor experiencia posible, utilizamos cookies e outras tecnoloxías similares. Algunhas cookies son necesarias para que o noso sitio de Internet funcione e non se poden rechazar. Podes aceptar ou rechazar o uso doutras cookies que só utilizamos para mellorar a túa experiencia de usuario. Nunca venderemos ningún destes datos, nin os utilizaremos con fins publicitarios. Para saber máis, le a Política global de uso de cookies e outras tecnoloxías semellantes. Podes personalizar os teus axustes en calquera momento na Configuración de privacidade.

Ir ó contido

Ir ó índice

Canción 136

Que veña o teu Reino, Xehová!

Que veña o teu Reino, Xehová!

Descargar:

(Apocalipse 11:15; 12:10)

  1. Eterno ti es, noso Pai,

    e sempre o has de ser.

    No trono, teu fillo sentou,

    ti décheslle o poder.

    O Reino estableceu Xehová,

    a Terra toda rexerá.

    (REFRÁN)

    Xustiza e salvación

    virán do goberno real.

    Pregamos con fervor:

    “Que veña o teu Reino, Xehová!”.

  2. A teima do Demo é levar

    o mundo á perdición.

    Mais, pronto virá a súa fin,

    que gran liberación!

    O Reino estableceu Xehová,

    a Terra toda rexerá.

    (REFRÁN)

    Xustiza e salvación

    virán do goberno real.

    Pregamos con fervor:

    “Que veña o teu Reino, Xehová!”.

  3. Os anxos moi ledos están,

    e forte berran xa:

    “O Rei que nos deches botou

    dos ceos a Satán!”.

    O Reino estableceu Xehová,

    a Terra toda rexerá.

    (REFRÁN)

    Xustiza e salvación

    virán do goberno real.

    Pregamos con fervor:

    “Que veña o teu Reino, Xehová!”.

(Ver tamén Dn. 2:34, 35; 2a Cor. 4:18.)