Canción 84
“Pois quero”
1. Canto amor Xesús nos mostrou,
o seu lar nos Ceos deixou.
Decidiu vir a nós,
e só por amor.
As verbas de Deus ensinou.
Consolou a quen o escoitou,
e a dor que sentían curou.
E estáballe a ser sincero
a quen dixo el: “Pois quero”.
2. Noso Pai axuda mandou,
o seu fiel criado enviou.
E nós xunto a el
buscamos a aquel
que queira obter o perdón.
Cando alguén precise de nós
o imos coidar con amor.
E se aínda se sente baleiro,
dirémoslle entón: “Pois quero”.
(Ver tamén Xn. 18:37; Ef. 3:19; Flp. 2:7.)