Canción 52
“Garda o corazón”
(Proverbios 4:23)
1. Vixía o teu corazón,
afástate do mal.
O noso interior Deus ve,
coñece o noso andar.
O corazón, ás veces, vai
quererte traizoar.
Seguindo as leis do noso Deus,
ti pódelo orientar.
2. Prepara o teu corazón
por medio da oración.
As grazas dá, confía a Deus
as penas e ilusións.
Non deixes de obedecer
con toda devoción.
Traballa pra seguir leal,
pra ter aprobación.
3. Protexe o teu corazón
centrándote no ben.
Verás que o podes conseguir
se a diario a Biblia les.
Estamos certos de que Deus
estima a quen é fiel.
Así que non dubides, non,
e faite amigo d’El!
(Ver tamén Sal. 34:2 [34:1, NM]; Flp. 4:8; 1a Pe. 3:4.)