XÉNESE 48-50
TESOUROS DA BIBLIA |Podemos aprender moito dos nosos maiores
48:21, 22; 49:1; 50:24, 25
Os irmáns maiores fortalecen a nosa fe en Xehová e nas súas promesas cando nos contan dos “prodixios” que lle viron facer a Xehová nestes días derradeiros (Sal. 71:17, 18). Se tes algún destes valiosos irmáns na túa congregación, pregúntalle:
-
Como che axudou Xehová a seguir servíndoo malia os problemas?
-
Como te sentiches ó ver o aumento de predicadores ó longo dos anos?
-
Como te sentiches ó ver que o noso xeito de entender a Biblia foi mellorando ó longo dos anos?
-
Que cambios e melloras viches dentro da organización de Xehová?