XEREMÍAS 51-52
TESOUROS DA BIBLIA |As palabras de Xehová cúmprense con exactitude
Xehová predixo acontecementos futuros con total precisión.
“Limpade as frechas”
51:11, 28
-
Os medos e os persas eran expertos arqueiros, e o arco era a súa arma principal. Puían as frechas para que se cravasen máis profundamente.
“Os heroes de Babilonia deixan de loitar”
51:30
-
A Crónica de Nabonido di: “O exército de Ciro entrou en Babilonia sen batalla”. Esta afirmación concorda coa profecía de Xeremías.
“Babilonia volverase unha morea de ruínas, [...] unha eterna ruína”
51:37, 62
-
A principios do ano 539 a. n. e., a gloria de Babilonia comezou o seu declive. Alexandre Magno intentou converter Babilonia na capital do seu imperio, pero morreu de súpeto. No século I, todavía vivían alí algúns xudeus, motivo polo que Pedro visitou esta cidade. Pero para o século IV n. e. xa estaba en ruínas e, co tempo, desapareceu.