1 TESALONICENSES 1-5
TESOUROS DA BIBLIA |“Aconselládevos e confortádevos uns a outros”
5:11-14
Todos podemos confortar os demais. Facémolo, por exemplo, cando nos esforzamos por non perder unha reunión e cando colaboramos con eles en espallar as boas novas, mesmo se loitamos coa mala saúde ou outros problemas (1 Tes. 2:2). Tamén podemos darlles azos ós abatidos parándonos a pensar en que dicirlles para animalos, e, se fai falta, buscando información que lles poida dar folgos.
Onde podes atopar información para confortar un irmán que está a pasar por un problema?
Na congregación, quen pensas que precisa azos e que che gustaría facer por esa persoa?