A NOSA VIDA CRISTIÁ
Xehová axúdanos nos momentos difíciles
Durante os últimos días deste sistema pasamos por moitas probas. E, ás veces, puidéramos pensar que son demasiado difíciles para nós. Pero se seguimos acercándonos a Xehová, el axudaranos a aguantar ata as situacións máis dolorosas (Is 43:2, 4). Como podes acercarte a Xehová se estás pasando por un problema?
Oración. Se lle oras de todo corazón a Xehová, el darache paz e fortaleza emocional para aguantar (Flp 4:6, 7; 1Te 5:17).
Reunións. Necesitamos as reunións máis ca nunca pois nelas Xehová aliméntanos espiritualmente e dános a compañía dos nosos irmáns (Heb 10:24, 25). Cando te preparas, asistes e participas nas reunións de congregación, aproveitas ó máximo a axuda do espírito de Xehová (Ap 2:29).
Predicación. Se nos mantemos activos na predicación seranos máis fácil estar centrados en cousas positivas. Ademais, fortaleceremos a nosa amizade con Xehová e cos irmáns (1Co 3:5-10).
DESPOIS DE VER O VÍDEO XEHOVÁ VAITE ACOLLER, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
Que axudou a Malu a manterse cerca de Xehová cando pasou por probas?
-
Igual que a Malu, como poden consolarnos as palabras do Salmo 34:19 (34:18, TNM) cando pasamos por problemas?
-
Como nos ensina a experiencia de Malu que Xehová nos dá a súa “forza tan extraordinaria” cando pasamos por momentos difíciles? (2Co 4:7).