Ir ó contido

Ir ó índice

TESOUROS DA BIBLIA | XÉNESE 6-8

“Fixo todo conforme Deus lle mandara”

“Fixo todo conforme Deus lle mandara”

6:9, 13-16, 22

Imaxinas todo o que tiveron que traballar Noé e maila súa familia para construír a arca sen as ferramentas e as técnicas de construción actuais?

  • A estrutura era impresionante. Medía aproximadamente 133 metros de longo, 22 metros de ancho e 13 metros de alto.

  • Tiñan que cortar as árbores, tronzalas e colocalas no seu sitio.

  • Tiñan que calafatear con brea a estrutura por dentro e por fóra.

  • Tiñan que almacenar comida para un ano tanto para eles como para os animais.

  • Levoulles entre 40 e 50 anos rematar a arca.

Como pode axudarnos este relato cando se nos faga difícil obedecer a Xehová?