XÉNESE 3-5
TESOUROS DA BIBLIA |As lamentables consecuencias da primeira mentira
3:1-6, 15-19
Dende que lle mentiu a Eva, Satán non deixou de enganar as persoas (Ap. 12:9). De que xeito impiden as seguintes mentiras de Satán sobre Deus que a xente se achegue a El?
-
Non existe.
-
Forma parte dunha trindade misteriosa.
-
Non ten nome.
-
Atormenta eternamente a xente no inferno.
-
Todo o que ocorre é porque El así o quere.
-
Non lle importamos.
Como te fan sentir estas mentiras?
Que podes facer para defender a reputación de Xehová?