ÉXODO 25-26
TESOUROS DA BIBLIA |O obxecto máis importante do tabernáculo
25:9, 21, 22
A Arca era o obxecto máis importante que había no tabernáculo e no campamento de Israel. Entre os dous querubíns que estaban enriba da cuberta propiciatoria da Arca había unha nube que representaba a presenza de Xehová. Tódolos anos, no Día de Expiación, o sumo sacerdote entraba no Santísimo e asperxía o sangue dun touro e dun cabrito diante da cuberta propiciatoria da Arca para expiar os pecados de Israel (Lev. 16:14, 15). Isto representou a entrada de Xesús, o Sumo Sacerdote maior, perante Xehová nos ceos para presentarlle o valor do seu sacrificio de rescate (Heb. 9:24-26).
Relaciona os seguintes textos bíblicos cos beneficios que podemos obter grazas ó rescate:
TEXTOS BÍBLICOS
-
1 Xn. 1:8, 9
-
Heb. 9:13, 14
-
Rm. 6:23
BENEFICIOS
-
a esperanza de vivir para sempre
-
o perdón dos pecados
-
unha conciencia limpa
Que debemos facer para obter estes beneficios?