A NOSA VIDA CRISTIÁ
As túas oracións son preciosas para Xehová
As oracións dos seus servos son para Xehová coma o agradable aroma do incenso que se queimaba regularmente no templo (Sl 141:2). Cando lle expresamos a Xehová o noso amor e gratitude, lle contamos as nosas preocupacións e desexos e lle pedimos a súa guía, estamos demostrando que valoramos a nosa relación con el. Por suposto, Xehová ve as oracións breves que se fan nas reunións como unha parte importante da nosa adoración. Pero tamén é moi feliz cando, nas nosas oracións persoais, lle abrimos o corazón e falamos con el durante máis tempo (Pr 15:8).
DESPOIS DE VER O VÍDEO A ORACIÓN É O MÁIS IMPORTANTE PARA MIN, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
Que responsabilidades tiña o irmán Johnson?
-
Como demostrou que confiaba en Xehová coas súas oracións?
-
Que aprendes da experiencia do irmán Johnson?