Ir ó contido

Ir ó índice

TESOUROS DA BIBLIA | FEITOS 1-3

Derrámase espírito santo sobre a congregación cristiá

Derrámase espírito santo sobre a congregación cristiá

2:1-8, 14, 37, 38, 41-47

Moitos dos xudeus que estaban en Xerusalén no Pentecostés do ano 33 n. e. chegaran alí doutros países (Feit. 2:9-11). Inda que observaban a Lei de Moisés, é probable que levasen toda a vida nunha terra estranxeira (Xer. 44:1). Polo tanto, seguramente falaban e vestían como os nativos do seu país de residencia, e non como xudeus. Logo de se bautizaren aquelas tres mil persoas, de súpeto a congregación cristiá adquiriu unha gran diversidade. Malia ter diferentes orixes, “todos a unha asistían diariamente ó templo” (Feit. 2:46).

Como podo demostrar que me intereso de verdade...

  • nas persoas doutros países que atopo na zona que predico?

  • nos irmáns da congregación que son doutros países?