8-14 de abril
SALMOS 26-28
Canción sn 29 e oración | Comentarios de introdución (1 min)
1. Como fortaleceu David a súa integridade?
(10 min)
Pediulle a Xehová que o purificase para ser mellor persoa (Sl 26:1, 2, TNM; w04 1/12 páx. 14 pars. 8, 9).
Evitou as malas compañías (Sl 26:4, 5; w04 1/12 páx. 15 pars. 12, 13).
Amaba adorar a Xehová (Sl 26:8; w04 1/12 páx. 16 pars. 17, 18).
Aínda que David cometeu errores, o seu corazón era íntegro e recto (1Re 9:4). Demostrou a súa integridade cando adoraba de todo corazón a Xehová e lle mostraba o seu amor.
2. Xoias espirituais
(10 min)
-
Sl 27:10. Como pode consolarnos este versículo cando nos sentimos abandonados por un familiar ou por un bo amigo? (w06 15/7 páx. 28 par. 15)
-
Que xoias espirituais atopaches na lectura bíblica desta semana?
3. Lectura da Biblia
(4 min) Sl 27:1-14 (th aspecto da oratoria 2).
4. Comeza conversas
(2 min) DE CASA EN CASA. Usa unha folliña do kit de ensinanza (th aspecto da oratoria 3).
5. Cultiva o interese
(4 min) DE CASA EN CASA. Responde a pregunta que aparece na parte de atrás da folliña que deixaches na visita anterior. Móstralle a páxina jw.org e ensínalle un exemplo do que pode encontrar alí (lmd lección 9 punto 3).
6. Discurso
(5 min) lmd apéndice A punto 3. Título: “O medio ambiente vai ser restaurado” (th aspecto da oratoria 13).
Canción sjj 128
7. Adolescentes que se manteñen íntegros
(15 min) Discurso con comentarios do auditorio.
Os rapaces da congregación teñen que loitar para evitar a inmoralidade. Ademais de ser imperfectos son novos, así que o desexo de ter relacións sexuais pode ser tan forte que lles sexa difícil facer o que está ben (Rm 7:21; 1Co 7:36, TNM). Tamén teñen que loitar constantemente contra a presión de ter relacións sexuais, tanto heterosexuais como homosexuais (Ef 2:2). Estamos moi orgullosos dos que seguen sendo íntegros.
Pon o VÍDEO A miña vida como adolescente. Como podo loitar contra a presión de ter relacións sexuais antes de casar? A continuación fai as seguintes preguntas:
-
A que presión de grupo se enfrontaron Cory e Kamryn?
-
Que lles axudou a manterse íntegros?
-
Que principios da Biblia che poden axudar a afrontar situacións parecidas?
8. Estudo bíblico de congregación
(30 min) bt cap. 8 pars. 5-12.